1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Baluartes

Baluartes

Os Baluartes son proxectos iniciados por Slow Food a partir de 1999, a fin de axudar aos produtores para saír do illamento, superar dificultades e atopar un mercado distinto, máis sensible ao valor dos seus produtos.

Condición fundamental para pasar do labor de catalogación dos produtos (Arca do Gusto), á iniciación dun Baluarte é o coñecemento directo dos produtores, o compartir os valores e a filosofía de Slow Food e a súa vontade de traballar colectivamente para desenvolver o proxecto.

Os Baluartes poden intervir para salvagardar:

1. Un produto tradicional en perigo de extinción (un produto da Arca do Gusto);
2. Unha técnica ou unha práctica tradicional en perigo de extinción (de pesca, gandería,
transformación, cultivo);
3. Unha paisaxe rural ou un ecosistema en perigo de extinción.

Para a iniciación dun Baluarte é necesario verificar dous aspectos:

4. A sustentabilidade ambiental (o "limpo");
5. A sustentabilidade socio-económica (o "xusto")

ALGÚN EXEMPLO...

A ovella navajo-churro (Estados Unidos), o pan de centeo do Val Monastero (Suiza), a salchicha de mangalica (Hungría), o queixo maiorchino (Italia), o azafrán de Taliouine (Marruecos), a fresa branca de Purén (Chile), a pementa negra de Rimbàs (Malasia).


O Baluarte dos viños Gemischter Satz de Viena, que preserva a antiga técnica da viña mixta (con diferentes variedades de gran branco no mesmo viñedo). As variedades non están en perigo de extinción individualmente, pero si a técnica que dispón a súa cultivación e vinificación de maneira conxunta.


O Baluarte da tonnarella dei Camogli (Italia), que tutela un sistema de pesca moi antigo (similar á almadraba, pero máis sinxelo): as redes fíxanse nos fondos durante seis meses, de abril a setembro, para capturar peces de paso (xurelos, bonitos, seriolas, agullas...).

O Baluarte dos queixos de leite cru norteamericanos, que implica a queseros de todo o país asociados co compromiso para tutelar e valorizar a produción de leite cru nun contexto moi complicado por mor dunhas leis híper-higienistas e ríxidas que llo dificultan.


Etc...
SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario