1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Nace o movemento Slow na capital de Galicia da man de Slow Food Compostela

Nace o movemento Slow na capital de Galicia da man de Slow Food Compostela

As cidades de hoxe en día cada vez parécense máis entre elas: están perdendo a súa personalidade e identidade, estanse homoxeneizando. Ritmo frenético, bloques de edificios idénticos, pérdida do contacto coa natureza ... Segundo Paolo Di Croce, secretario internacional de Slow Food, cada día 60 millóns de persoas comen nun McDonald’s do mundo, o que supón 800 persoas cada segundo. Neste contexto xurde en Italia un novo movemento que promove unha vida máis plena, desacelerada e auténtica. O movemento Slow Food é un enfoque alternativo ó desenvolvemento económico urbano. Critica a cultura do consumo e promove unha forma de desenvolvemento sostible e unha equidade social. 
Fonte: http://politicahora.es/

Slow Food Compostela convírtese no Convivium número 36 en España dando presencia por fin en Galicia a unha representación deste movemento que tanta forza e fama colleu nos últimos tempos. Segundo representantes internacionais de Slow Food, Galicia ten un enorme potencial de produtos, tanto animais como agrícolas, pero estes hainos que coidar e protexer. O que nós pretendemos é axudar a dar a coñecer esta produción local así como poñer en contacto aos pequenos produtores cos consumidores dos mesmos. 

Convivium (chámaselle así ás sedes locais) Compostelano está formado por 5 mozos especializados en diferentes áreas, dende informáticos ata organizadores de eventos pasando por un xeógrafo-cartógrafo. Nestes momentos buscan o apoio das institucións santiaguesas para poder darse a coñecer e difundir esta filosofía na capital de Galicia. Outro dos seus obxectivos é que o Convivium obteña un número considerable de socios para que os eventos poidan adquirir unha maior difusión e poidan beneficiar ó maior número de persoas. Outra das vantaxes de formar parte deste grupo é que a xente coñeza aqueles establecementos (restaurantes, negocios...) que ofrecen un produto "Slow" en Santiago de Compostela tan valorado hoxe en día, tanto polos turistas, como polos locais.

A nosa comunidade é un lugar ideal para difundir a filosofía Slow dada a riqueza e grande variedade de produtos cos que conta. Os seus cociñeiros comprenden que non se pode separar o pracer gastronómico da responsabilidade cos produtores, sen os cales non existiría a cociña de éxito. A colaboración entre ámbolos dous propicia a loita contra o abandono da cultura tradicional e a estandarización da comida. E non nos olvidemos, que Santiago de Compostela foi elixido por Skyscanner o segundo sitio de España onde mellor se come.
Fonte: La Voz de Galicia
Existe unha relación entre a filosofía Slow e o Camiño de Santiago. Facelo é unha experiencia turística slow. Durante o mesmo, a persoa desconecta da súa vida cotiá, toma o tempo para achegarse a si mesma e aliméntase dos produtos locais. Os principais ingredientes do camiño son as súas paisaxes, o contacto coa natureza, a comunicación coas outras persoas do camiño, a gastronomía ... Unha vez que se chega á Santiago esta filosofía non continúa, desaparece, e é unha mágoa. Desde Slow Food Compostela trataremos de que esto non ocorra proporcionándolles a opción de seguir disfrutando desta filosofía a aquelas persoas que así o desexen.

SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario