1300 convivium
en todo o mundo
Home » , » Actividades dun Convivium

Actividades dun Convivium

As actividades de convivium son moi importantes para Slow Food, ao facilitar o encontro dos socios e a compartición dos intereses que os unen. Non existe límite! Velaquí algunhas ideas:
  • Degustacións e ceas con produtos bos, limpos e xustos, ou produtos do Arca e dos Baluartes da túa rexión, con invitación aos produtores a fin de contactalos cos socios ou coa prensa local; organizar bufés para os socios;
  • Conferencias e reunións sobre temas de alimentación;
  • Visitas de estudantes a mercados, granxas ou produtores;
  • Xiras gastronómicas locais: visitas a granxas, produtores artesáns, tendas especializadas e adegas;
  • Actividades de educación sensorial para nenos, novos e adultos;
  • Eventos de recadación de fondos: poxas, ceas, loterías, etc., para os proxectos de Baluartes ou de Terra Nai nos países en vías de desenvolvemento ou para o proxecto dos 10.000 hortos en África;
  • Clases de cociña e cursos de educación do gusto;
  • Intercambios con outros convivium;
  • Hortos escolares nas escolas de ensino primario;




SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario