1300 convivium
en todo o mundo
Home » » Cociñeiros

Cociñeiros

Unha característica común daqueles produtos que están en risco de extinción é a alta media de idade dos seus produtores. Se non se consegue cambiar esta situación, ao mesmo tempo que desaparecen os produtores, os produtos quedan orfos, as súas sementes arrinconadas nos botes de cristal ou en bolsas de plástico, as razas pasan a maior vida, esquecidas para sempre. Por este motivo é imprescindible realizar diferentes accións para evitar estas perdas. Os Baluartes de Slow Food e o Arca do Gusto, en xeral, tentan atacar as diferentes problemáticas que presentan os produtos en risco de extinción.

Chegou o momento de acompañar a todas estas accións, de algo esencial nesta loita e é nin máis nin menos que dignificar os diferentes oficios dos produtores. Debemos elevar aos produtores ao mesmo nivel que gozan hoxe en dia os cociñeiros na nosa sociedade. Se queremos que os fillos dos produtores e xente novo en xeral, sigan coas producións singulares de alimentos bos, limpos e xustos, estes deben compartir gloria cos cociñeiros.


Parece algo moi lóxico, pero fagamos unha proba: pidamos a calquera persoa da rúa que escriba unha lista de 10 cociñeiros, con nomes e primeiro apelido e acto seguido pedimos que escriban 10 nomes de produtores singulares. Seguramente que a mayoria non escribirán ningún nome na segunda lista. Esta é a realidade.

Outra realidade é que a maioría de cociñeiros "mediáticos" utilizan produtos de produtores locais, singulares e mesmo ecolóxicos. Grazas a estes conseguen que as súas creacións culinarias cheguen á excelencia e esta lévalles á fama e á gloria. Pero  ¿por que motivo moi poucas veces os cociñeiros en entrevistas nos medios, nomean a estes produtores que lles proporcionan estes produtos? ¿Por que motivo a maioría de xornalistas gastronómicos nunca preguntan polos produtores, nunca os mencionan cando falan do traballo do cociñeiro nos seus artigos? Os cociñeiros debemos dar a coñecer aos nosos produtores. Os seus nomes e apelidos deben figurar nas nosas cartas. Os xornalistas deben dar máis protagonismo a estes magníficos profesionais. Os sabores e a biodiversidade ben o merecen.
SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario