1500 convivium
en todo o mundo
Home » » CULTRURAL SANTIAGO

CULTRURAL SANTIAGO

CULTRURAL SANTIAGO OUTONO 2017

Semana do 11 ao 15 de setembro: rolda de prensa de presentación do proxecto Compostela Cultura Rural (CULTRURAL).


Xoves, 21 de setembro:

11:00 Xornada do Cineclub Carlos Velo #ruralcinema na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, coa proxección dos traballos gañadores das últimas edicións do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo e unha escolma dos Fondos de Galicia da Mediateca do MAPAMA.

Venres, 22 de setembro:

O papel do rural en Compostela. No CIAC de Belvís.

10:30 Presentación do debate.

11:00 Debate dos representantes dos grupos políticos do Concello sobre o papel do rural no seu modelo de cidade.

12.00 Presentación de proxectos de universidades, entidades e institucións sobre exemplos de boas prácticas.

13:00 O coworking, unha oportunidade para o rural galego. Casos de éxito (Cataluña, Euskadi, Italia, Extremadura e Portugal).

Xantar con Foodtrucks de Carriñas da Terra no Parque de Belvís con xogos tradicionais e populares, contacontos e obradoiros para nenos.

18:00 #Ruralcinema: Proxección dos traballos gañadores das últimas edicións do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo e unha escolma dos Fondos de Galicia da Mediateca do MAPAMA.

Actuación musical de artistas locais e cea popular coas Carriñas da Terra.

Sábado, 23 setembro:

11:00 Obradoiro gastronómico sobre a cabra, o tomate e o grelo de Santiago. Aula do Mercado de Abastos de Santiago.

13:00 Sesión vermú e visita guiada ás hortas de Belvís con reparto de sementes de tomate e grelo Santiago.

14:00 Xantar con Foodtrucks de Carriñas da Terra no Parque de Belvís con xogos tradicionais e populares, contacontos e obradoiros para nenos.

Alí estará tamén a Foodtruck de Slow Food Compostela pra ofrecer produtos locais e da Arca do Gusto.



18:00 #Ruralcinema: Proxección dos traballos gañadores das últimas edicións do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo e unha escolma dos Fondos de Galicia da Mediateca do MAPAMA.

Actuación musical de artistas locais e DJs con cea popular coas Carriñas da Terra.

Participación de LUSCO E FUSCO a través dun mercado que se desenvolverá o sábado 23 de setembro.

Publicación dun libro que resuma o máis importante das propostas presentadas neste evento, co fin de chegar a quen non puido participar.


SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario