1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Cárnicos Domínguez

Cárnicos Domínguez


Fundada no ano 1989, Cárnicos Domínguez é o froito do tesón e do esforzo por ofrecer ao consumidor a mellor selección de artigos derivados da carne. Nun mercado cada vez máis esixente e competitivo, a súa labor baséase en tres compromisos: calidade, servizo e superación.




Os produtos que Domínguez elabora con porco celta, constitúen a recuperación dun patrimonio xenético, gastronómico e cultural de gran valor. O porco celta estivo a piques de desaparecer a partir dos anos 70 do século XX, e con el tamén un xeito de crianza en liberdade propio de Galicia. A Xenética dos seus porcos landráns, é indisociable dese xeito de crianza, e tamén dos bosques atlánticos desta terra que lles proporcionan os alimentos (landras, castañas, herbas, cogomelos, bagas, invertebrados...) e que os converten nun referente da nosa memoria colectiva. Por todo isto, a calidade dos ácidos graxos da carne do porco landrán non só é compatible con dietas cardiosaudables, senón que ademais o seu consumo equilibrado é moi recomendable.


E-mail: info@pcdominguez.com
Teléfono: 981 741 017 / 607 484 660 
Lugar: Vimianzo


SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario