1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)

CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)

A sede central do CIAM en Mabegondo conta cunhas 312 hectáreas, e dispón de leiras na Pobra do Brollón, en Salceda de Caselas e en Monfero que permiten estudos de produción tendo en conta as peculiaridades climáticas e xeográficas de Galicia. O seu obxectivo é a investigación, innovación e transferencia agraria, desde os puntos de vista da produción, a conservación, a mellora xenética, a sanidade, o benestar e a industria agroalimentaria de forma compatible co medio ambiente e a biodiversidade agraria


Na actualidade, en dita sede central, consérvanse case 700 variedades de millo autóctono da cornixa Cantábrica das que 529 son galegas, así como 320 variedades de cereais de inverno que inclúen trigo, centeo, avena e cebada. Tamén dispón de variedades locais de 23 especies de produtos hortícolas que inclúen 869 entradas de pementos, tomates, cebolas, repolo, xudías, fabas, chícharos e leituga. Entre a froiteiras conta con cerdeiras e accesiones de peral (unhas 130), de maceira (331) e 34 de mirabel. E entre as especies pratenses, as cámaras de conservación do banco do CIAM, conteñen máis de 2.300 entradas pertencentes a 100 especies representativas dos principais tipos de gramíneas e de leguminosas que constitúen a base da biodiversidade dos prados e praderías, imprescindibles na alimentación da cabana de rumiantes de Galicia. 



Trátase dun patrimonio biolóxico e xenético que debe ser preservado por razóns diversas. A mellor adaptación e plasticidad das variedades locais ás diferentes condicións do medio ambiente, cobra especial relevancia ante un proceso de cambio climático evidente e progresivo.


A súa historia...

A primeira Granxa Agrícola Experimental en Galicia, estaba situada no barrio de Monelos (A Coruña). Os seus inicios datan do 1888, polo que se trata do xerme da investigación agropecuaria na comunidade.


A granxa foi un foco de ciencia básica e aplicada cen anos antes de que houbera universidade, un foco de dinamización social e sensibilización ambiental, antes de que o medioambiente fose unha preocupación colectiva ineludible, e un foco de divulgación científica.

Gracias aos traballos desenvolvidos na Granxa Experimental de Monelos, fixéronse avances tan importantes como a "creación" da Raza Rubia Galega.


Enlaces interesantes...

Maceiras autóctonas galegas (Malus xdomestica) do Banco de Germoplasma de Mabegondo 


Actualmente...


A día de hoxe o CIAM segue a  gardar a biodiversidade fitoxenética galega funcionando coma "Banco de Xermoplasma". Esta labor leva a ser asumida polo CIAM dende fai varios lustros inda que nos últimos anos a falta de reposición de persoal e os recortes presupuestarios están a poñer en perigo a súa conservación. 


Mentres tanto, o CIAM segue a ser o referente autonómico da innovación fitoxenética para a mellora da producción agraria, xa sexa a través das lineas de investigación, coma a formación continua e especializada que dende ahí se xestiona.



SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario