1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Orballo

Orballo

Orballo: Chuvia miúda. ¨O orballo vai mollando pouquiño a pouco¨


E desde a especialidade que temos en Galicia en choiva, faise Orballo. Unha empresa coa misión de aproveitar a terra e coa visión de xerar un mundo mellor para as persoas.

Nacen en Paderne, en plena Reserva Mundial da Biosfera "Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo" e moi próxima ao Parque Natural das Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos mellor conservados. Xunto a eles crecen os seus cultivos. Cren na boa vontade da xente, no saudable; en que a rendibilidade non está rifada co respecto polo medio ambiente. 

Innovan cada día para ofrecerche un pedazo da nosa terra, do noso enxeño. Collen as cousas de sempre, as dos nosos avós e avoas, e danlle unha nova forma. Como amantes deste planeta, están á procura de novas experiencias coas que logo enriquecen os nosos fogares.

Produtos de Calidade: encárganse de todo o proceso de produción. Froito desa experiencia e coñecemento acumulado, garanten que todos os seus produtos son recolleitos no mellor momento e procesados co maior coidado. Apostan pola calidade e a innovación.

Produtos Sostiblesson amantes da natureza e da biodiversidade que nos ofrece. Cren que non hai nada máis importante que o medio ambiente, polo que as substancias químicas están prohibidas na súa organización. Son responsables do mundo que queremos crear.

Os seus produtos 

Aromáticas e especias. Allo, Albáfega, Anís estrelado, Anís verde, Canela, Cardamomo, Cayena, Cilantro, Cravo, Comiño, Cúrcuma, Curry, Bagas de enebro, Eneldo, Hierbabuena, Jengibre, Laurel, Lavanda, Malva, Menta, Noz moscada, Ourego, Perexil, Pemento doce, Pemento picante, Pementa branca, Pementa negra, Romeu ecolóxico, Salvia, Tomiño.



Ecoarroces á carta. Arroz con flores estivais, con fresas, hindú, con hortigas, finas herbas, Castañas + 5 novas receitas.



Infusións & Tés. Detox, Benestar, Relax, Sono, Dixestión ... e Té de Galicia.




SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario