1500 convivium
en todo o mundo
Home » » A Horta de Antía

A Horta de Antía

A Horta de Antía é unha explotación de horta ecolóxica inscrita no Craega. Está situada en Mandaio, concello de Cesuras (A Coruña), e conta cunha superficie de 1.6 ha das que 1000 m están en invernadoiro e o resto ao aire libre.

Nela cultivan produtos autóctonos de tempada coma o tomate negro de Santiago e o Avoa de Osedo; pementos coma o grande de Couto, Oimbra, Arnoia, Piquillo, de Padrón; grelos; repolo de Betanzos; cebola de Betanzos e produtos comúns como a pataca, xudía, espinaca , acelga, brócoli...


Traballan con loita biolóxica, preparados naturais con ortiga, cola de cabalo, etc...  para combater enfermidades das prantas e xerando inimigos naturais, coma mariquitas e crisopas, co fin de parar as pragas e manter a biodiversidade.





Contacto:
Responsable: José María Hernández Hernández
Teléfono: 639 042 364
E-mail: Jmhh08@hotmail.com

SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario