1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Terra Madre Day Galicia 2017

Terra Madre Day Galicia 2017

Cada ano, o 10 de decembro, simpatizantes da alimentación boa, limpa e xusta celebran o aniversario de Slow Food en todo o mundo. Hai moitas formas de celebralo, e todas elas mostran a diversidade e a creatividade da nosa rede.  A este evento chamámolo Terra Madre Day e, tanto se é a primeira vez que o celebras coma se xa participas habitualmente, nunca houbo un momento mellor para reunirche cos teus amigos e veciños, socializar e dar vida ás vosas abundantes tradicións alimenticias locais.


O Terra Madre Day é fundamentalmente un día para celebrar, pero tamén para levar a cabo a importante misión de difundir os nosos valores a un público amplo compartindo comida, coñecementos, historias, tradicións e aquilo que o futuro da alimentación representa para ti.  Cada ano enorgullécenos ver actividades únicas e debates importantes propostos tanto por delegacións locais como por outros participantes de todo o mundo, e que teñen a alimentación como prato forte do día.


Slow Food Compostela quere celebrar este día con tódolos seus asociados e demais persoas que queiran participar. O noso chef corporativo Pablo Viñas, responsable do primeiro restaurante Km 0 Slow Food en Galicia, The Next Door Community Bar, será o encargado de cociñarnos estos alimentos bos, limpos e xustos.

A ubicación será na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, que colaboran co evento cedendo o espazo de forma gratuita. 

Sortearemos, entre os que vaiades, unha cesta formada por produtos do menú degustación que ofreceremos ese día. Nela colaboran: Orballo, Horta O Devalo, A Horta de Antía, Granja Campomayor, Escasero, Agua Km Cero e Cárnicos Domínguez. Tamén sortearemos 2 lotes de 5 kg cada un de tenreira galega suprema formados por: 1 kg de chuletas, 1 kg de filetes, 2 kg de carne pra asar e 1 kg de falda. Isto por cortesía de Casa do Carracedo.

A entrada será gratis pra tódolos socios, e de 10 euros pra o resto de asistentes. Haberá que confirmar asistencia na dirección de correo electrónico da asociación: slowcompostela@gmail.com ou no teléfono 630 484 944.

Para que todo isto sexa posible, necesitamos a vosa asistencia! Axúdanos a festexar o Terra Madre Day 2017 en Galicia.




SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario