1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Tomate Negro de Santiago

Tomate Negro de Santiago

O Tomate Negro de Santiago é unha variedade de tomate autóctona de Galicia, tradicionalmente cultivado na comarca de Santiago. Esta variedade estaba practicamente extinguida e o seu cultivo reducido a uns poucos hortos familiares ata que no ano 2009 foi recollido polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña), pertencente á Xunta de Galicia, para a conservación e multiplicación da súa semente.


É un tomate redondeado e lixeiramente achatado, asurcado, e que na súa madurez presenta unha cor vermella escura, cos ombreiros verdes. Ten un peso medio de 150 gr e un calibre medio entre G (67-82 mm) e M (57-67 mm).

Ten un sabor persistente e moi característico, doce e lixeiramente acedo, sendo un tomate moi zumento e de cheiro intenso. É dicir, o tomate negro de Santiago é máis doce, máis acedo e máis zumento que o resto das variedades galegas.

O consumo principal do tomate Negro de Santiago realízase principalmente en fresco, como tomate de mesa, pero é apto para outros usos como a preparación de salsas ou marmeladas ou para conservas.


Área histórica de produción

Tradicionalmente cultivábase na zona de Santiago de Compostela ata case a súa desaparición. 

Referencias históricas

Máis tarde, atopouse na horta dun particular dunha aldea de Miño chamada Leiro (A Coruña). Actualmente cultívase en toda Galicia e a súa semente está recollida polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) para a súa conservación e multiplicación.


SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario