1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Galeguesa Vigo

Galeguesa Vigo

Galicia suma o seu segundo restaurante certificado oficialmente como Km 0. Trátase de  Galeguesa Vigo, moito máis que unha hamburguesería gourmet pois non só se preocupan da calidade dos produtos que ofrecen, senón que tamén se ocupan da súa orixe e manexo.


De feito, Galeguesa, logrou pechar o círculo da súa carne, controlando desde a súa produción (teñen gando propio, de raza Cachena), o seu sacrificio e despezamento (na praza de Celanova) e a súa elaboración e cociñado. As ‘ burguers’ de  Galeguesa combinan a mellor carne de vacún cos mellores acompañamentos (salsas de elaboración propia, queixos con DDOO galegas, vexetais Km 0, etc.), unha aposta que conseguiu o beneplácito do público. Tanto é así que o grupo iniciou un proceso de expansión que en Galicia cristalizará na apertura de establecementos en cidades como Santiago, Ourense e Pontevedra.


Por todo isto, a  Galeguesa é unha  burger con garantía de orixe, saudable e con moi baixo contido en graxa. Na súa carta tamén hai pratos de culler do día, ensaladas, galeguesas vexetais de elaboración propia e sobremesas artesanais que che sorprenderán.




Contacto:

VIGO
Rúa de Oporto, 7 
Telf: 986 113303




SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario