1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Pata Celta

Pata Celta

A marca de produtos Pata Celta nace para darlle un novo pulo á economía verde en Galicia. É un proxecto empresarial sostible dedicado á produción, comercialización e distribución dunha das nosas xoias gastronómicas: o porco celta -o pata negra galego-, a raza porcina máis importante de Galicia pero hoxe en perigo de extinción. Pata Celta promociona, comercializa e innova coa creación de novos produtos derivados do porco celta, co obxectivo de recuperar esta raza autóctona galega e aportarlle valor engadido.


A elaboración destes novos produtos de porco celta está dirixida especialmente á hostelería e puntos de venda de primeira calidade, en colaboración cunha ampla rede de pequenos criadores locais. Pata Celta impulsa o consumo responsable do porco máis sano e feliz, alimentado en absoluta liberdade con bellotas, castañas, tubérculos e cereal, nunhas condicións moi esixentes de pureza xenética e benestar animal certificadas pola Asociación de Criadores de raza porcina celta (ASOPORCEL). Pata Celta está presente nos principais festivais e eventos gastronómicos de Galicia e representa a aposta por darlle unha mirada moderna á tradición gastronómica galega.


A marca Pata Celta pertence á empresa Verde Cúbico SL. Formada por un equipo de expertos en comunicación e responsabilidade social cun amplo coñecemento do sector primario, Verde Cúbico busca crear unha imaxe de marca verde por fóra, elaborando packaging personalizado con madeira galega para empresas que queiran diferenciarse. Aposta por produtos verdes por dentro, con materia prima de primeira calidade e co obxectivo de recuperar as razas autóctonas propias da nosa comunidade, e traslada un espíritu verde a través de diferentes eventos e accións de responsabilidade social.

Contacto:
Mercedes Cernadas
Socia Directora
Teléfono: 628 179 013
E-Mail: info@patacelta.com


SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario