1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Comedor Zara Logística 360ª

Comedor Zara Logística 360ª

Recentemente, e despois dunha profunda análise, fíxose entrega ao Comedor de Zara Logística 360º, do recoñecemento de "Km 0 Slow Food", o primeiro da súa categoría en contar con esta distinción. Moitos pensabamos que coas dimensións do mesmo (dan de comer ao redor de 1.500 persoas diarias) sería unha labor un tanto complexa, por non dicir imposible, non soamente á hora de conseguir tanta cantidade de produto local, se non tamén pola xestión dos residuos que alí se xeran tódolos dias. 


Temos que dicir que despois dun traballo diario e constante, o resultado fala por si só. Un menú formado case exclusivamente por produtos Km 0 onde se dan cabida aos que son ecolóxicos e á recuperación de razas autóctonas de Galicia. 


Unha xestión de residuos que reducíu nunha alta porcentaxe o volume de desperdicios xerado na actividade diaria do comedor. En resume, unha inversión en diñeiro, tempo e esforzo que merece ser recoñecido e que esperemos que sirva coma exemplo a máis comedores en Galicia.



SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario