1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Restaurantes Km 0 Slow Food en Galicia

Restaurantes Km 0 Slow Food en Galicia

Aquí tedes os restaurantes recoñecidos como Km 0 Slow Food en Galicia. 




1. THE KITCHEN NEXT DOOR COMMUNITY BAR 

Establecemento de Showcooking aberto ao público na Coruña, no Centro Comercial Makro (Polígono Industrial A Grela). Coñece a súa cociña saudable, feita con todo o agarimo e a profesionalidade do Súper Chef Pablo Viñas. Esperan sorprenderche coa súa "carta inesperada", onde cada día poderás descubrir novos sabores. En Showcooking, sempre puxeron a énfase na calidade e a saúde; queren coidarche e que repitas. Vai a velos, e engánchache ao movemento Slow Food!


Enderezo: Centro Comercial Makro A Coruña, C/Newton nº14

Horario: Aberto ao público en horario Centro Comercial. De luns a sábado de 8:00 a 17:00 horas. Domingos pechado.

Teléfono: 981 286 154




2. GALEGUESA VIGO

Moito máis que unha hamburguesería gourmet, pois non só se preocupan da calidade dos produtos que ofrecen, senón que tamén se ocupan da súa orixe e manexo.

De feito, Galeguesa, logrou pechar o círculo da súa carne, controlando desde a súa produción (teñen gando propio, de raza Cachena), o seu sacrificio e despezamento (na praza de Celanova) e a súa elaboración e cociñado. As ‘ burguers’ de  Galeguesa combinan a mellor carne de vacún cos mellores acompañamentos (salsas de elaboración propia, queixos con DDOO galegas, vexetais Km 0, etc.), unha aposta que conseguiu o beneplácito do público. Tanto é así que o grupo iniciou un proceso de expansión que en Galicia cristalizará na apertura de establecementos en cidades como Santiago, Ourense e Pontevedra. 

Por todo isto, a  Galeguesa é unha  burger con garantía de orixe, saudable e con moi baixo contido en graxa. Na súa carta tamén hai pratos de culler do día, ensaladas, galeguesas vexetais de elaboración propia e sobremesas artesanais que che sorprenderán.


EnderezoRúa de Oporto, 7, Vigo

Horario: Luns a xoves de 13.30 a 16.00 e de 20.30 a 23.30 horas
Venres e sábados de 13.30 a 16.00 e de 20.30 a 24.00 horas

Teléfono: 986 113 303




3. DIVINO VINOTECA

Restaurante e Vinoteca ubicado na antiga estación de Renfe de O Burgo (Culleredo). Un lugar acolledor para os amantes da carne no que a súa especialidade é a carne de vacún maior, o boi e a vaca de raza Rubia Galega Autóctona. Todo isto acompañado dunha ampla gama de viños da súa bodega.


Enderezo: Estación O Burgo, Rúa Ramón Cabanillas, s/n, 15670 Culleredo, A Coruña

Horario: Luns a sábado de 12.00 a 17.00 e de 20.00 a 24.00 horas
Domingos pechado

Teléfono: 881 91 44 12



4. A NAVE DE VIDÁN

A Nave de  Vidán é un proxecto cultural e gastronómico para Compostela e a súa comarca. Dende Xuño do 2018, forma parte da rede de restaurantes Km 0 Slow Food en Galicia e en España, sendo o primeiro en acadar dita distinción na cidade de Santiago.

Unha oferta culinaria baseada nos produtos do país coas receitas tradicionais actualizadas, son a base desta nova proposta de restauración. A Nave de  Vidán combina o mellor da gastronomía galega coa posta en escena de espectáculos musicais, culturais ou de lecer.


EnderezoLugar: Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela

Horario

Horario de inverno:

Luns a xoves: de 07:00 a 23:00  h.
Venres: de 7.00 a 00.00 h. 
Sábados: de 09:00 a 00:00  h.
Domingos: de 09.00 a 23.00 h.

O restaurante pecha ás 16.00 horas en horario de xantar e reabre ás 20.00 horas en horario de cea. A cociña permanece aberta desde as 10 horas ata o peche.

Horario de verán (do 18 de xuño ao 9 de setembro):

Luns a xoves: de 7.15 a 23.30 h.
Venres: de 7.15 a 00.00 h.
Sábado: de 9.00 a 17.00 horas
Domingos: pechado.

Teléfono981 522 110


SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario