1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Estou coma unha cabra...

Estou coma unha cabra...

Pois nada, desos domingos feitos polo señor para "marmotar" no sofá, dos que si te tes que erguer para coller o mando, xa deixas o Luar toda a tarde. Pois nun deses días, chámaronme para dicirme que andaban a festexar o Banquete de Conxo e claro, o mais que puiden decir foi “agarda que non atopo o outro zapato”.


Fin de semana do 21 e 22 de abril, por primeira vez na Compostela moderna, conmemórase a celebración acaecida no 1856 na que as xentes daquel Santiago se xuntaron no bosque de Conxo para comer na mesma mesa, como acto de confraternización, estudantes, artesans e obreiros. 


Esta xuntanza, a que disque acudiron personalidades coma Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal, supuxo un feito de importancia histórica na Galicia recente. Pero con toda esta parrafada estou a pasar por alto a cousa máis importante: quedaron para comer. Que ían a facer se non para festexar algo uns galegos de pro? Encher o bandullo!. E para recrear ese día no 2018, houbo unha grande oferta de actividades, pero o de encher o bandullo tampouco o esquecemos.  


Coma en toda boa romería que se precie, puídose atopar churrasco, patacas e polbo, pero, para os extrañados foráneos da capi, tamén puidemos disfrutar dun prato de cabra.


Porque por moi raro que nos pareza, a cabra era un prato moi saboreado por estos lares, de feito, non fai moito, no CultRural xa a puidemos degustar. 

Non vos extrañedes, de todos os xeitos, se nunca prováchedes este manxar, xa que raro é o sitio onde o podemos atopar hoxe en Compostela, e aínda máis raro é atoparnos carne de cabra autóctona galega. Aínda que dende fai uns anos podemos disfrutar da labor que están a facer dende o Boaga, e en especial, dende Capriga, que traballan recuperando e valorizando esta raza en particular. 


Na mentres, cando vaiades de troula por Conxo, e atopedes un bar dos de toda a vida, vencede o medo a atrevédevos a pedir unha ración de cabra, que xa se sabe que do que se come críase. 

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario