1500 convivium
en todo o mundo

Verin Biocoop S.C.G.

Verín Biocoop especialízase na produción ecolóxica de leite e tenreira e na comercialización de carne baixo o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.


A cooperativa naceu en 1988, da man de once gandeiros, e hoxe opera con 28 ganderías da provincia de Ourense con especial énfase en establecer un vínculo entre o método de reprodución ecolóxico e as razas autóctonas en perigo de extinción da provincia (a vianesa, a  frieiresa, a  cachena, a  caldelá e a  limiá, así como a rubia galega).

Os seus asociados contan, entre outros, con servizos de pensos ecolóxicos e naturais, medicamentos, fertilizantes ou transporte. Ademais, a Agrupación Ambiental Biocoop asesora no cumprimento das normativas ecolóxicas e en trámites administrativos.




Contacto: 
Verín Biocoop S.C.G.
Parque Empresarial de Pazos, Nido 5
32619 Pazos - Verín (Ourense)
+34 988 412 549 / +34 609 334 507
sede@verinbiocoop.com


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario