1500 convivium
en todo o mundo
Home » » A Nave de Vidán

A Nave de Vidán

A Nave de  Vidán é un proxecto cultural e gastronómico para Compostela e a súa comarca. Dende Xuño do 2018, forma parte da rede de restaurantes Km 0 Slow Food en Galicia e en España, sendo o primeiro en acadar dita distinción na cidade de Santiago.


Unha oferta culinaria baseada nos produtos do país coas receitas tradicionais actualizadas, son a base desta nova proposta de restauración. A Nave de  Vidán combina o mellor da gastronomía galega coa posta en escena de espectáculos musicais, culturais ou de lecer.


Como complemento ao Bar-Café e ao Restaurante, aparece unha sala que pretende funcionar como un espazo de usos  multiples que poda recoller as máis variadas propostas. Desde a música en vivo ata o teatro ou proxeccións de cinema. Un espazo limpo e  diáfano que tamén se poderá usar de maneira combinada co restaurante ou coa cociña, tanto para banquetes como para reunións, xornadas, conferencias ou presentacións.


A Nave de  Vidán conta tamén cunha ampla carta de viños e con diferentes opcións de menú do día ou de menús concertados para grupos.


** Horarios de apertura:

Horario de inverno:

Luns a xoves: de 07:00 a 23:00  h.
Venres: de 7.00 a 00.00 h. 
Sábados: de 09:00 a 00:00  h.
Domingos: de 09.00 a 23.00 h.

O restaurante pecha ás 16.00 horas en horario de xantar e reabre ás 20.00 horas en horario de cea. A cociña permanece aberta desde as 10 horas ata o peche.

Horario de verán (do 18 de xuño ao 9 de setembro):

Luns a xoves: de 7.15 a 23.30 h.
Venres: de 7.15 a 00.00 h.
Sábado: de 9.00 a 17.00 horas
Domingos: pechado.

Podes consultar o menú do día en www.anavedevidan.com


Contacto:

Lugar: Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 522 110
info@anavedevidan.com
@anavedevidan


SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario