1500 convivium
en todo o mundo
Home » » CultRural Santiago 2017

CultRural Santiago 2017

O pasado xoves 14 de decembro, na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, tivo lugar, dentro do programa do CultRural Santiago 2017, un encontro formado por proxectos de entidades privadas sobre experiencias agroalimentarias de éxito. Atopámonos alí para expoñer o noso traballo:

Lino Lema (Convivium Slow Food Galicia Litoral)
Paula Garrido (Cooperativa Caprina Galega)
Leonor Lorenzo (Convivium Slow Food Compostela)
Juan Soriano (Entrelampo)
Lucas Requeixo (Realiméntate - Lalín)
Emilio Arias (Rede de Microencubadoras do Local)
Irene Fariña (Proxecto Aprender para Emprender no Rural)




O CultRural nace co único obxectivo de traballar para que Santiago e contornas sexan territorios de produción labrega e gandeira, para que toda Compostela faga alarde da súa orixe e esencia labrega, necesariamente compatible con todos os outros sectores que a caracterizan.


12-17 de decembro, 2017
Facultade de Ciencias da Comunicación
Encontros-Debate A Compostela Rural
IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario