1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Formación

Formación

Dende a nosa Asociación impartimos formación. Dende a Universidade ata colexios,  pasando por pequenos produtores e empresas cunha RSC instaurada, falamos sobre temas entre os cales se atopa a biodiversidade, o sector agroalimentario, o medio ambiente e a nosa saúde, técnicas tradicionais de cultivo, sustentabilidade, certificacións, economía circular, Covid-19 escenario Horeca... 




Entre outras, están:

"Slow Food. Da soberanía alimentaria á certificación ecolóxica". Factores que debemos ter en conta na nosa alimentación; que é un alimento ecolóxico; en que consiste Slow Food?

"A sustentabilidade do sector agroalimentario", donde se abarcou a sustentabilidade dun xeito moito amplo que as meras certificacións ecolóxicas.  

Ámbolos dous cursos de verán da USC.

Conferencia Slow Food e Turismo Sostible no Máster de Turismo Urbán e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela (decembro 2017).


No Fórum Gastronómico da Coruña 2019 fixemos un taller de Biodiversidade para nenos donde, da man de Rocío García Carregal, a nosa secretaria, se falou de forma amena das razas autóctonas galegas e, de maneira práctica, se comprobou as súas diferencias cunha cata de variedades de mazá. Asistiron rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. 


En xuño do 2019, tivo lugar nas instalacións de Misión Biolóxica de Galicia, un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) adscrito á área de Ciencias Agrarias situado na provincia de Pontevedra, o curso, "Conservación In Situ de Cultivos Autóctonos". Consistiu en 2 horas de teoría e 2 horas de prácticas nas que se visitaron as parcelas e invernadoiros.

Os profesores do mesmo foron os investigadores dos grupos de :

-Xenética e mellora de millo: Pedro Revilla e Ana Butrón.

- Xenética, mellora e bioquímica de brásicas: Pilar Soengas e Elena Cartea.

Slow Food Compostela participou como entidade co-organizadora deste curso dándolle a oportunidade de asistir ó mesmo aos seus asociados.




Outra formación da nosa asociación:



Contacta connosco en slowcompostela@gmail.com

SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario