A Nave de Vidán é un proxecto cultural e gastronómico para Compostela e a súa comarca. Dende Xuño do 2018, forma parte da rede de restaurantes Km 0 Slow Food en Galicia e en España, sendo o primeiro en acadar dita distinción na cidade de Santiago.
Unha oferta culinaria baseada nos produtos do país coas receitas tradicionais actualizadas, son a base desta nova proposta de restauración. A Nave de Vidán combina o mellor da gastronomía galega coa posta en escena de espectáculos musicais, culturais ou de lecer.
Como complemento ao Bar-Café e ao Restaurante, aparece unha sala que pretende funcionar como un espazo de usos multiples que poda recoller as máis variadas propostas. Desde a música en vivo ata o teatro ou proxeccións de cinema. Un espazo limpo e diáfano que tamén se poderá usar de maneira combinada co restaurante ou coa cociña, tanto para banquetes como para reunións, xornadas, conferencias ou presentacións.
A Nave de Vidán conta tamén cunha ampla carta de viños e con diferentes opcións de menú do día ou de menús concertados para grupos.
** Horarios de apertura:
Horario de inverno:
Horario de inverno:
Luns a xoves: de 07:00 a 23:00 h.
Venres: de 7.00 a 00.00 h.
Sábados: de 09:00 a 00:00 h.
Domingos: de 09.00 a 23.00 h.
O restaurante pecha ás 16.00 horas en horario de xantar e reabre ás 20.00 horas en horario de cea. A cociña permanece aberta desde as 10 horas ata o peche.
Horario de verán (do 18 de xuño ao 9 de setembro):
Luns a xoves: de 7.15 a 23.30 h.
Venres: de 7.15 a 00.00 h.
Sábado: de 9.00 a 17.00 horas
Domingos: pechado.
Sábados: de 09:00 a 00:00 h.
Domingos: de 09.00 a 23.00 h.
O restaurante pecha ás 16.00 horas en horario de xantar e reabre ás 20.00 horas en horario de cea. A cociña permanece aberta desde as 10 horas ata o peche.
Horario de verán (do 18 de xuño ao 9 de setembro):
Luns a xoves: de 7.15 a 23.30 h.
Venres: de 7.15 a 00.00 h.
Sábado: de 9.00 a 17.00 horas
Domingos: pechado.
Contacto:
Lugar: Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 522 110
info@anavedevidan.com
@anavedevidan
0 comentarios :
Publicar un comentario