1500 convivium
en todo o mundo
Home » » A Horta Galega no mes de Novembro

A Horta Galega no mes de Novembro

Nestas datas, a cabaza é a curcubitácea estrela debido ao Samaín/Halloween/Noite de Bruxas..., ou como lle queirades chamar. 

Vamos a coñecer un pouco máis sobre elas... As principais variedades de cabaza son a de verán e a de inverno.

Cabaza de verán: variedade de pel clara e fina e sementes brandas. Ten un período curto de conservación. Dentro desta variedade atópase a cabaza bonetera (de cor branca, verde ou amarelo), a cabaza espagueti (de cor amarela) e a cabaza rondín (variedade de pel laranxa e carne esbrancuxada).

Cabaza de inverno: variedade máis doce, pero máis seca que a de verán, con menor contido de auga e pel máis grosa. Consérvase durante máis tempo que a de verán grazas ao grosor da súa pel. Dentro deste grupo atópase a cabaza  banana, a de cidra ou zapallo (de pulpa gelatinosa e intensa cor amarela) e a confitera ou de cabelo de anxo (de forma e cor variable), a partir da cal se obtén o cabelo de anxo, utilizado como recheo en diversos produtos de pastelería.

A cabaza do peregrino ou cabaza do vinatero é unha variedade con forma de botella estrangulada que unha vez seca pode utilizarse como recipiente.

Existen tamén outras variedades de cabaza, aínda que menos coñecidas, como son a Americana, a Amarela grosa de París, a Chea de Nápoles, a Vermella de Etampes, a Verde Española, a botonera e a calabacita de Brasil.

Agora déixovos o listado dalgunhas das verduras que se cultivan no mes de Novembro nas hortas galegas:




*(TTe): Tempada Temperá
(TTa): Tempada Tardía


SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario