1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Caracol de Ouro 2019

Caracol de Ouro 2019

Despois de conversas con Alberto López de Ipiña presidente de Slow Food Araba-Álava (un dos conviviums máis importantes de Europa) e Conselleiro Internacional de Slow Food, adoptamos a decisión de facer os premios "Caracol de Ouro" ao igual que os nosos compañeiros vascos. Unha das últimas persoas en recibilo, foi o salinero Valentín Angulo Pérez de Nanclares pola labor desenvolta durante anos por poñer en valor e promocionar o Valle Salado de Añana. O criterio principal destes premios consistirá na implicación, traballo e difusión da filosofía Slow Food na nosa comunidade.


Podedes propoñer a vosa candidatura a través do noso mail: slowcompostela@gmail.com ou a través das nosas redes sociais. A data límite será o 23 de outubro. 


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario