As cidades españolas de Burjassot (Valencia), Castelló, Gandesa (Tarragona), Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Santiago de Compostela, Toledo e Valencia acolleron o 26 de outubro a IV edición do Climathon, maratón global de 24 horas sobre emprendemento fronte ao cambio climático.
Xunto a máis de 100 cidades no mundo, estas nove participaron na iniciativa impulsada pola entidade europea EIT Climate- KIC: “unha intensa xornada de traballo para expoñer, compartir e intercambiar” ideas co obxectivo de enriquecer proxectos de loita ambiental a escala local.
Climathon Galicia, como se denominou á xornada de Santiago de Compostela, titulou o seu reto ‘Menos residuos, menos emisións’. O Centro Abanca Obral Social acolleu a sesión, desde as 11 da mañá do día 26 ás 11:00 da mañá do día 27.
A nosa secretaria, Rocío García Carregal, dou unha charla en torno ao tema dos residuos en relación coa economía circular, a súa xestión e a súa divulgación: "Residuos na cadea agroalimentaria".
0 comentarios :
Publicar un comentario