1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Corsario VI - Equipo de Regatas

Corsario VI - Equipo de Regatas

Son un grupo de persoas cunha dilatada experiencia no mundo da vela en xeral, tanto en vela lixeira como en regatas de cruceiro. Na actualidade compiten en ORC na costa de Galicia, zona Rías Baixas, onde realizan algunhas das probas de máis prestixio de España.

Corsario VI, Grupo Santorum & Martinez. Foto © Rosana Calvo

Entre outros, acadaron o título de campións de España de altura no 2015 en augas de Baiona, así como tamén a Copa Andalucía en Sotogrande no 2017. Este ano queren ir máis alá e participarán na Copa do Rei de Vela que terá lugar este verán en augas de Maiorca.

Dende agora apoian a nosa filosofía e tratarán de promover o movemento Slow Food no deporte alá donde vaian.

SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario