1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Origen Galicia

Origen Galicia

Origen Galicia preséntase como unha tenda online cunha ampla selección de produtos, todos eles de Orixe Galega. Buscamos ofrecer ao consumidor a máxima calidade en todos eles, cun fin moi claro: recuperar os sabores tradicionais que definen a gastronomía galega. Para iso contamos cunha minuciosa selección dos mellores produtos, moitos deles elaborados artesanalmente ou a partir de receitas tradicionais que foron herdadas, así como, dos mellores produtores de Galicia.

A nosa filosofía é axudar a difundir o coñecemento dos produtos de Galicia, ao mesmo tempo que o dos seus produtores. Ademais, tratamos de xerar un comercio xusto que beneficie aos produtores que queren formar parte de Origen Galicia. Por iso, tratámoslles de axudar a vender os seus produtos, ao mesmo tempo que tentamos dar a coñecer a súa marca e xerar sinerxias que nos permitan alcanzar os nosos obxectivos.

E por isto, dirixímonos a aqueles consumidores que valoran os produtos autóctonos de Galicia que se preocupan por manter unha alimentación saudable e un consumo responsable. Este é o motivo polo cal contamos cunha gran parte de produtos que carecen de calquera tipo de  conservantes químicos, de procedencia artesanal e ecolóxica.


Ofrecemos todo tipo de facilidades aos consumidores para facerlles chegar todos os produtos tanto sexan clientes particulares como empresas de hostalería. Ademais, estes últimos e, tendo en conta a nosa filosofía, dispoñen de condicións especiais se deciden colaborar connosco creando novamente sinerxias entre empresas.


Contacto:

Lugar: Rúa Icaro nº2, Bajo 15172 Perillo – Oleiros, A Coruña
Teléfono: 881 929362
Email: info@origengalicia.com 
Twitter: @Origen_Galicia

SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario