1500 convivium
en todo o mundo
Home » » World Disco Soup Day

World Disco Soup Day

Mentres moitas persoas sofren fame nalgunhas partes do mundo, un terzo da comida lista para o consumo desperdíciase; iso significa que tiramos ao lixo 1.300 millóns de toneladas de comida cada ano. Está claro que temos un enorme reto ante nós. É hora de entrar en acción!


Convidamos a todo o mundo, dentro e fóra da rede de Mozas de Slow Food, a que celebren a súa propia Disco Soup. Queres encher o estómago en lugar do cubo de lixo? Úneche ao evento!

Pero, que é unha "Disco Soup"?

A "Disco Soup" empezou hai 5 anos co nome de Schnippeldisko en Berlín, Alemaña, como unha «protesta da sopa» en contra do desperdicio de comida, e o evento alimentou a 8.000 persoas. Hai unha gran cantidade de comida en moi boas condicións que se desperdicia ao longo de todo o sistema alimentario. Poida que sexan vexetais abandonados no campo, alimentos descartados polos supermercados ou produtos comprados que finalmente ninguén consome. Unha "Disco Soup" ten como obxectivo concienciar dun problema global demostrando que estes “desperdicios” son perfectamente comestibles, aínda que facelo requira un pequeno esforzo.

Só necesitas poñerche en contacto con agricultores, almacenistas, mercados, tendas e supermercados para ver se poden doar un pouco de comida en lugar de desfacerse dela. Logo, consegue algunhas mesas, utensilios de cociña e unha pota grande. Xa tes o teu Disco  Soup!


Como organizar unha "Disco Soup" en 6 pasos:

Paso 1. Busca un lugar con bo acceso e toma de  electricidade onde a xente se poida sentar e bailar.

Paso 2. Colleita de comida que vaia a ir ao lixo! Fala con agricultores, (super)mercados e panadeiros e pregúntalles se podes recoller a comida que non puidesen vender e que vaian refugar.

Paso 3. Avisa aos teus amigos! Necesitarás un grupo de xente con ganas de implicarse que poidan axudarche a colleitar comida, cortar verduras e á que lle encante bailar.

Paso 4. Fai unha invitación e pídelle á xente que leven os seus propios cuncos e cubertos. Crea un evento en Facebook, enlázao coa páxina da Rede de Mozas de  Slow Food (SFYN) e comparte algunhas fotos e vídeos para quentar o ambiente antes do evento. Faiche eco do evento nas redes sociais!

Paso 5. Engade unha canción para a "Disco Soup" na lista de reprodución da World Disco  Soup Day 2019. Sabías que existe unha lista de reprodución mundial de Spotify onde todo o mundo pode engadir música para a "Disco Soup"? Bailaremos as mesmas cancións por todo o mundo!

Paso 6. Serve a sopa e… a bailar! – enche estómagos en lugar do cubo de lixo.

Este ano será o 27 de abril do 2019. Baila e serve tanta sopa como poidas!


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario