1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Conservación In Situ de Cultivos Autóctonos

Conservación In Situ de Cultivos Autóctonos

O pasado venres 21 de xuño, tivo lugar nas instalacións de Misión Biolóxica de Galicia, un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) adscrito á área de Ciencias Agrarias situado na provincia de Pontevedra, o curso, "Conservación In Situ de Cultivos Autóctonos". Consistiu en 2 horas de teoría e 2 horas de prácticas nas que se visitaron as parcelas e invernadoiros.


Os profesores do mesmo foron os investigadores dos grupos de :

-Xenética e mellora de millo: Pedro Revilla e Ana Butrón.

- Xenética, mellora e bioquímica de brásicas: Pilar Soengas e Elena Cartea.

Slow Food Compostela participou como entidade co-organizadora deste curso dándolle a oportunidade de asistir ó mesmo aos seus asociados.



SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario