1500 convivium
en todo o mundo
Home » » #EuSAVE

#EuSAVE

Os pasados días 3, 4 e 5 de abril de 2019, tivo lugar en Vimianzo o encontro internacional «#EuSAVE – EU Citizens’ Action for Smart Historic Villages». Slow Food Compostela participou coa intervención "O impacto das políticas europeas no patrimonio cultural agroalimentario".


A xornada do día 4 estivo dirixida ao público en xeral, e pretendeu reflexionar sobre as políticas de desenvolvemento rural da UE; sobre a situación e os retos actuais das zonas rurais europeas —como o despoboamento, o envellecemento poboacional ou a falta de oportunidades laborais—, e sobre o seu futuro; tamén, sobre o patrimonio cultural e histórico dos territorios rurais como recurso estratéxico para unha Europa rural sustentable.


Nun proxecto que ten como piar o patrimonio cultural, incluíndo o inmaterial, ó Concello de Vimianzo pareceulles que a filosofía de Slow Food, como custodio dos produtos de proximidade e dos saberes da cociña en todo o mundo, debía ser dada a coñecer e incluso incorporarse ao traballo do proxecto que se prolongará durante dous anos. 


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario