1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Misión Biolóxica de Galicia (MBG)

Misión Biolóxica de Galicia (MBG)

Misión Biolóxica de Galicia é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) adscrito á área de Ciencias Agrarias situado na provincia de Pontevedra, Ocúpase dos principais cultivos desta rexión, abarcando diversos aspectos de conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos, mellora, xenética e resistencia a  estreses do millo, a xudía, o chícharo, as brásicas e de especies leñosas como a vide, os piñeiros e os carballos.


Na actualidade conta con 12 científicos de persoal e 2 investigadores postdoutorais, ademais de persoal de administración e persoal conexo á investigación, persoal en formación e traballadores eventuais. Os medios materiais con que opera consisten nunha leira de doce hectáreas con tres edificios principais e diversas construcións de servizos. A leira pertence á Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, cedida á Misión Biolóxica de Galicia desde 1928.


A liña xeral de investigación do centro é o estudo dos procesos xenéticos, bioquímicos, metabólicos, moleculares e/ou ecolóxicos que son relevantes para facer máis eficiente e sustentable a nosa agricultura e selvicultura. Céntranse en diversas especies hortícolas, de cultivo extensivo e leñosas amplamente cultivadas que lles permiten xerar coñecementos básicos acerca dos mecanismos involucrados na defensa dos cultivos fronte a  estreses, na produtividade e na calidade.

En xuño do 2019, Slow Food Compostela e MBG firmaron un convenio de 4 anos para colaborar xuntos. Entre outras cousas, impartiremos formación para pequenos produtores.



SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario