1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Comedores Escolares Responsables

Comedores Escolares Responsables

Dende a nosa Asociación, tratamos de facilitar o contacto de provedores locais a restaurantes, consumidores finais e tamén a comedores, tanto de colectividades como escolares. Neste último caso, unha vez que cumpran uns requisitos, outorgamos a distinción de Comedor Km 0 para darlle visibilidade e que sirva de exemplo para moitos máis que queiran unirse a este proxecto de Comedores Responsables Slow Food


Tamén asesoramos e orientamos a aquelas escolas que queiran formar parte deste proxecto con pautas e información para ofrecerlle aos nenos, pais e persoal, uns hábitos de alimentación máis saudables para acadar unha mellor calidade de vida.

Para aqueles comedores que queiran abastecerse de produto local directamente do produtor (recordade, máis frescos, mellor calidade e prezos máis xustos), dende fai pouco colaboramos no que podemos con ALEGA, Asociación de Labregos Ecolóxicos de Galicia.

ALEGA naceu oficialmente en xullo de 2017, despois de 2 anos de intentos fallidos de constituír unha asociación para comercializar baixo o mesmo nome e sen perder a condición de venda directa dos produtos das nosas hortas aos comedores escolares da bisbarra e para dar a coñecer a iniciativa a quenes queiran escoitarnos.



LABRECOS (Cesuras)


Superficie cultivada:17 ha (produción vexetal e animal)
Orientación Horta e produción animal ecolóxicas
Superficie baixo cuberta (invernadoiros): 3.700 m2

Produtos para colexios: cebola, ceboleta, allo porro, cenoria, remolacha, cabaza, cabaciña, brécol, coliflor, acelga, repolo, verza, nabiza, grelo, espinaca, pataca, leituga.

Equipo: 2 irmáns e apoio familiar. 



ASOCIACION RAIÑA (Vilasantar)


Superficie cultivada: 11 Ha
Superficie baixo cuberta: 800 m2

Orientación horta ecolóxica: repolo, coliflor, brócoli, allo porro, cenoria, remolacha, faba, xudÍa, pemento, berenxena, cabaciña e cebola.

Cereais: trigo e centeo

Avicultura artesá: ovos galiña de Mós

Equipo: 5 persoas



A HORTA DE SUEIRIÑA (Teixeiro)

Superficie cultivada: 4.5 ha.
Superficie baixo cuberta: 1000 m2.

Cultivosverza galega, kale verde, kale morada, coles bruxelas, lombarda, cabaza vasca, cacahuete, remolacha, acelga, berenxena, cenoria, tirabeque, chícharo, xudía verde, xudía pinta, allo porro, fresa, coliflor, brócoli, repolo, pataca kennebeck e baraca, faballón, faba asturiana, faba “ril”, cebola chata, nabiza, sandía, melón, cabaciña, rabaniños, nabos, espinaca, leituga verde, vermella... Hinojo, arándano, frambuesa e physalis, castaños e setas shiitake en troncos de castaño e carballo.

Equipo: 1 titular e axuda familiar


Contacto ALEGA: 681 07 71 29 / labregosecoloxicos@gmail.com 


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario