1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Restaurante O Neixón

Restaurante O Neixón

Este restaurante pretende potenciar os bos produtos da súa comarca, tanto os do mar coma os da terra. Queren demostrar que non fai falla traer produtos doutros lugares para facer unha boa cociña, prestando especial atencion á elección daqueles que son frescos e de tempada, explotanto así os recursos que teñen preto deles.


Luís e María son unha parella con amplia experiencia en restauracion. Unhas veces traballando por conta allea e outras, como agora, por conta propia. Ámbolos dous naceron e criáronse nesa comarca, polo que aprecian a cociña típica da zona e os produtos locais. Esperan agradar aos seus veciños coa súa cociña, pero tamén, dar a coñecer o seu patrimonio gastronómico a todo o mundo que os visite doutros lugares.



Queres reservar mesa no Restaurante O Neixón?


Lugar: Piñeiros s/n, San Mamede - Carnota
Teléfono: 981 82 65 00


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario