1500 convivium
en todo o mundo
Home » » La Despensa D'Lujo

La Despensa D'Lujo

Dedicados á agricultura tradicional na comarca de Bergantiños, herdaron a explotación de mans de xeracións pasadas. Dos seus avós recibiron non só as terras e os aprechos, senón o mimo e a dedicación que a terra necesita. Como base esencial na súa agricultura é a pataca, un referente en Coristanco tradicionalmente, pero como resultado da necesidade da rotación de cultivo e a desaparición do gando, incorporaron o legume que se converteu na base da súa explotación. 


Así pois, os seus principais produtos son a  pataca de Coristanco e o Legume da que cultivan faba branca,  verdina, judión, faba caldo… e como recente incorporación, o garavanzo do que a maior parte da produción comercialízana en verde. 


O maior éxito da súa explotación, é sen dúbida, o contacto directo cos seus clientes que lles fan crecer e innovar no cultivo dos nosos produtos. Por eles, incorporaron novas referencias ao seu catálogo facendo que o abanico que poden ofrecer sexa cada vez máis versátil para os que confían en eles e aposten por un produto de calidade. 


As fértiles terras da súa comarca, permítenlles innovar e enfocarse en produtos destinados a un cliente selecto, que en detrimento da produción, prefiren a calidade dun produto único. Aínda que é inviable a colleita en grandes cantidades, adquírese un valor en prato polo sabor e a rareza do seu froito.

Como substitución intermedia entre xeracións, apostan polo coidado do medio, do mesmo xeito que aprenderon dos seus avós, e queren inculcar eses valores en xeracións vindeiras, como base principal da sustentabilidade do medio rural. 


Produtos: garavanzo lechoso verde gordo, judión nas súas variantes (branca, negra e rosa), guisante lágrima, alubia verdina, alubia blanca, garavanzo lágrima, lentellas de distintas variedades (beluga ou caviar, amarela ou canaria, verde ou de puy, pardina, castelá, roxa pelada ou partida entre outras), arroces nas suas variantes (bomba, vaporizado, thai ou jazmin, arborio, rojo, negro…), semillas (chía, soja, quinoa…), alubias de distintas variedades.



Contacto:
E-mail: ladespensadelujo@gmail.com
Teléfono: 681 09 67 29
Lugar: Coristanco

SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario