1500 convivium
en todo o mundo

Queserías do Eume

Xa son máis de 50 anos os que levan dedicándose á elaboración de queixo. Desde 1960 traballan co obxectivo de fabricar queixos e requeixo de gran calidade. Despois de tres xeracións, seguen traballando cada día coa mesma inquietude.
Avanzan coas novas tecnoloxías pero mantendo en todo momento a tradición que os precede. O seu orgullo son os queixos tradicionais galegos, cremosos, de aspecto e textura suave pero cun sorprendente sabor que os fai perfectos para calqueira ocasión.

Galicia é famosa pola súa gastronomía e a súa materia prima de excelente calidade. Queserías do Eume aprovéitanse dese luxo e producen queixos artesanais con leite galego de primeira. Situados nun marco incomparable, nas Fragas do Eume, conseguen que os seus produtos sexan 100% naturais, cheos de sabor e únicos.

"O meu avó foi un gran emprendedor para o seu tempo. Arriscou e lanzouse á aventura creando unha pequena fábrica que, co tempo e o traballo dos seus fillos, e agora nós, os seus netos e aos poucos tamén os seus  bisnetos, foi crecendo para consolidarse como unha das casas  queseras de referencia na zona


Os seus Queixos...



A  ZOCA. O mellor do lume en contraste cos sabores suaves galegos. Queixo afumado con leña de bidueiro e 45 días de curación. Con sabor suave e  cremoso, é perfecto para combinar cun viño forte e de carácter, uns embutidos ou un pouco de froita fresca.

QUEIXO PAÍS. Para os amantes do queixo tradicional galego. Queixo tenro, de cortiza fina, branco e sen madurar (de dous a tres días de curación). De salgado suave, será unha boa elección para ensaladas e sobremesas, combinado con marmelo. Régao cun rosado ou un cava. Tamén se produce sen sal.

DONA  DO CASTRO. Tenrura e delicadeza feita queixo. Queixo tenro,  mantecoso, de sabor suave e cor  marfil. Con máis de 10 días de curación e  salación suave, é perfecto para salsas e sobremesas e brillará acompañado de marmelo ou froitos vermellos e un Albariño.

MIRADOR DO EUMEPara os padais máis esixentes. Queixo curado de textura fina, cor  marfil amarelado cun sabor máis pronunciado grazas á súa longa curación. Excelente para tapas e merendas. Acompáñao dun mencía ou un Ribeiro branco.

BARRA  SANDWICH. Versátil e sempre a man. Queixo cun sabor suave, pouco salgado, de textura fina e  loncheado fácil. Ideal para  sandwiches, bocadillos e pizzas.

QUEIXO TETILLA. Denominación de Orixe Protexida. Inconfundible en forma, clásico en sabor. Queixo con forma cónica, conservando o sabor e calidade do queixo tradicional galego. Excelente como sobremesa ou tapa, servido con  orejones, pasas, marmeladas e acompañado dun bo  Godello.

REQUEIXÓN DO EUME. A musa que inspira aos mestres reposteiros de cada casa.
Elaboración artesanal, textura  cremosa e sabor lixeiramente acedo. Acompañar con mel, marmelada, froitos secos ou simplemente con azucre. 


Contacto:
Enderezo: Faeira s/n, 15325 As Pontes (A Coruña)
Teléfono: +34 981 445 415
E-mail: info@queseriasdeleume.com


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario