1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Cociñeir@s Sostibles de Galicia

Cociñeir@s Sostibles de Galicia

Slow Food, a través das Comunidades do Alimento, promove a importancia de fortalecer os vínculos das persoas cos alimentos tradicionais, para asegurar a sustentabilidade e a biodiversidade, así como o arraigamento co territorio e a súa cultura.


Para nós a gastronomía é un pilar fundamental da nosa terra e por iso, en Slow Food Compostela, queremos recordala e protexela. Para tal fin nace a Comunidade "Cociñeiras e Cociñeiros Sostibles de Galicia". Elas e eles, xunto cos pequeno/as produtore/as, son os responsables de cumplir con este obxectivo.



"RESTAURANTES KM 0"


Pablo Viñas Alonso naceu en A Coruña donde comezou a relacionarse cos mellores produtos da gastronomía, o que fixo do seu paladar o maestro da súa carreira profesional. Dirixeu e aconselleu hoteis de luxo, complexos, restaurantes e compañías multinacionais de alimentos.  A súa comida foi saboreada nos restaurantes de Manhattan, Os Ánxeles, Miami, Puerto Rico e a República Dominicana onde os clientes puideron degustar os mellores produtos servidos por este chef. 

Leonardo Cao Mena, cociñeiro do Divino Vinoteca en Culleredo (A Coruña), sempre tivo o obxectivo desde que abriron, de consolidarse coma un dos mellores restaurantes de carne de España. Naceu en Bos Aires, arxentino de sangre galega por parte de pai e alemán por parte dos avós maternos. Pero cumple tódolos tópicos: é un tolo do fútbol e da parrilla. No seu restaurante só utiliza animais de aquí. Interésalle coñecer a  trazabilidade, de que se alimentan.

Luis Sendón Lestón é o cociñeiro e propietario do restaurante O Neixón. Formado na escola de hosteleria de Foz e de Palma de Mallorca, é un defensor da cociña pura e tradicional da zona de Carnota e da utilización dos seus produtos.

Manuel Domínguez Canosa, nado en Mazaricos, mudouse a Santiago con 17 anos para estudar e logo xa se quedou por cuestións de traballo. Decidiu ser cociñeiro porque desde pequeno era algo que lle gustaba facer na súa casa e por iso tíñao moi claro. O que máis lle gusta é a cociña tradicional galega. Nun futuro gustaríalle, ademais de seguir aprendendo, poder axudar na formacion de novos cociñeiros ensinándolle a cociña de toda a vida para que non se perda a nosa maneira de cociñar.

Mari Carmen Mogo Maza, é a cociñeira da Bodeguilla de San Lázaroalí onde o antigo camiño das peregrinacións xacobeas ingresa feliz no xiro de Santiago para concluír periplo. Esta taberna decora pois a paisaxe compostelá primixenia que recibe ao peregrino e que regala a este un algo do asombro necesario para que a conclusión dun camiño non resulte nunca cousa vacua.

Diego García Pereira é o cociñeiro da Bodeguilla de Santa Marta, a terceira das Bodeguillas compostelás inaugurada o 19 de setembro de 2012. Ten similares características ás dúas  bodeguillas anteriores, pero cun punto de personalidade propia que se reflicte na decoración minimalista e elegante. Destacan a moi variada carta de viños e a calidade dos produtos que tan ben definen ás  Bodeguillas.

María del Carmen Rey Moreira é a cociñeira da Bodeguilla de San Roque, a primeira das tres que existen hoxe en día en Compostela. A súa clientela atopa alí unha xanela que desde o reino da gastronomía permite mirar cara a territorios poboados por soños pracenteiros e fermosos: o emporio da cociña tradicional, o dos ibéricos e o dos queixos, o dos produtos finos de tempada e tamén o dos viños máis competentes e sosegados. 

Valeria Terrone González traballa en Galeguesa Vigo, un local onde poderás degustar a auténtica  Galeguesa, elaborada artesanalmente con gando de crianza propia, combinada cos mellores produtos galegos, pan artesán do día, queixos artesáns e verduras de tempada de produtores de proximidade. 

María del Carmen García Céspedes de 32 anos, é a segunda cociñeira do Next Door, despois de Pablo Viñas. Acabou traballando na cociña despois de facer un curso por necesidades laborais e cousas do destino que lle encantaba o que facía. Compaxina o seu traballo co coidado de 5 nenos (o maior ten 13 anos e a pequena 6) o que a converte na nosa heroína. 

Felisa Varela é unha cociñeira de toda a vida. Representa toda esa cociña tradicional que naceu nas casas e nas cociñas de leña, cociña de autoras, cociña de sempre. A este concepto é ao que o Rías Altas (Barreiros-Lugo) chama "Cociña de Raíz".



"COMEDORES ESCOLARES KM 0"


Óscar Fernández Paz é Técnico Superior en Restauración e TEAT en Turismo, pero de profesión cociñeiro. Logo de pasar por cociñas de varios e diversos perfís e por diferentes departamentos do sector turístico, desembarca no centro actual donde traballa: o CEIP Xacinto Amigo Lera, en Portomouro (Val do Dubra). Un centro público, con xestión pública, cos cartos de todos, e con persoal funcionario. Desde xa fai preto de 6 anos, desempeña o cargo de oficial de cociña.

Sandra Varela Amado, natural de Balares, Ponteceso 1975, conta coa titulación de “Técnico Especialista en Hostalería e Turismo”, estudos realizados no IES Lamas de Abade, de Santiago de Compostela. Despois de 15 anos de experiencia no sector privado, en restaurantes e distintas empresas de cátering de Galicia e as Illas Canarias, decide regresar á casa, ao rural. Como mellor opción, decide apuntarse nas listas de comedores escolares da Xunta e comeza a traballar en distintos colexios da provincia, ata que se establece no CEIP Os  Muíños, de Muxía, no que leva xa 13 anos. Tamén emprende unha actividade turística, cunha casa de turismo rural en praia de Balares: A Casa de  Lelo.

Adrián Viñas Nión, naceu en Elviña (A Coruña) en 1978. Fillo de pai uruguaio e nai galega, inculcáronlle a multi cultura gastronómica dese país (receptor de multitude de emigrantes nos anos 50, españois, italianos e resto de Europa). Obtivo o Título de Técnico Especialista de Hostalería no I.E.S. Fragas do Eume no ano 2001. En 2010 sacou o título de Técnico superior en Restauración, no I.E.S. Paseo das Pontes da Coruña. No ano 2004 arrinca a súa traxectoria no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral (A Coruña).

José Castro Facal, naceu en Aarberg (Berna, Suiza) en 1973 e formouse na escola de hostelería de Lamas de Abade en Compostela. No eido laboral compaxinaba o traballo dun negocio familiar, a sidrería Abril Ares, con traballo para a administración deixando a súa pegada na gardería de Vite, na residencia de maiores Porta do Camiño e na residencia de maiores Volta do Castro en Santiago e tamén no colexio CPI Xanceda en Mesía, onde despois de 4 anos e con moi bos recordos, renunciou ao seu posto de traballo xa que no comedor do López Ferreiro en Santiago quedara libre por xubilación a praza de cociñeiroA día de hoxe tamén compaxina o traballo no colexio cun negocio familiar, o centro sociocultural privado “A casa do taberneiro”.


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario