1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Cortes de Muar

Cortes de Muar

Rita e Germán pertencen á segunda xeración de artesáns dunha familia con máis de 20 anos de experiencia na produción queixeira. Están baseados na parroquia de Negreiros, en Silleda (Pontevedra), zona de grande tradición gandeira.


No seu obradoiro elaboran queixos de maneira artesanal, en producións limitadas, co leite de vacas que pastan libremente nos prados da zona. O mimo e esmero cos que traballan, e o tempo que lle dedican a cada peza que sae das súas mans, son aceno de identidade da marca.


Ademais da receita tradicional da familia, coa que elaboran as ricas e cremosas Mimosas, tamén se aventuraron a incorporar outras técnicas de produción e afinado inspiradas en variedades internacionais, achegándolles sempre o seu persoal “savoir faire”.

Coñece as raíñas desta particular corte onde todo responde á “M” do seu fermoso  muar: 

Queixos: Mimosa, Marianne, Marigold e Mandy-Heno dan nome ás distintas variedades destos queixos polos que xa recibiron numerosos premios, coma o ouro nos World Cheese Awards no 2014 para Mimosa.


Outras delicias: Marmelosa (marmelo da casa) e Marmelosiña (crema untable de marmelo e mazá).


Edicións especiais: Raposo (o seu "borracho" de uva raposa), Madalena (o seu queixo máis fresco), Mandy (queixo crema para elaboracións).


Contacto:
Germán García
Teléfono: 609 809 006
E-mail: artesanos@cortesdemuar.com
Web: cortesdemuar.com 
Lugar: Negreiros (Silleda)


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario