1500 convivium
en todo o mundo

CEIP López Ferreiro

A asociación de nais e pais do C.E.I.P. López Ferreiro de Santiago de Compostela que desenvolve a súa actividade na avenida de Xoán XXIII, con máis de 40 anos de historia, unha das súas labores é a xestión do comedor escolar.
O colexio conserva a cociña desde a época na que funcionaba como centro de prácticas da Universidade de Santiago (USC) para a formación de docentes. Barallouse suprimila e foi cando a asociación  decidiu asumir a súa xestión. Cada nova directiva da Anpa intenta mellorar o herdado deixando pegada para a continuación do servizo. Xa hai usuarios que traen aos seus fillos e non moi lonxe traerán aos netos.

O comedor necesitaba unha modernización das instalacións que xa tiñan moitos anos, pero xunto con ela revisáronse tamén as materias primas, os menús para facelos máis variados e algo moi importante como é a convivencia, para que o colexio, tamén á hora de comer, sexa un lugar onde todos os nenos son ben acollidos.


Tanto por parte do persoal de cociña e comedor, como por parte da ANPA, fíxose unha aposta polo consumo ecolóxico e de indicativos de calidade, por un contacto directo cos fornecedores locais sen intermediarios e polos menús cunha elevada calidade gastronómica.  O consumo de ingredientes ou pratos menos habituais nos menús das familias é un factor de inclusividade por que permite a todos os nenos disfrutar de novos sabores e produtos, e que tamén nese eido se acade unha igualdade de oportunidades.


Na actualidade, o comedor do López Ferreiro é unha referencia entre os colexios compostelás pola calidade dos menús e do servizo, onde moitas veces a comida dista moito de ser o que se espera dun menú escolar con pratos dignos do mellor restaurante.


A adhesión á marca Km 0 de Slow Food Compostela pretende darlle visibilidade a estas boas prácticas de consumo de proximidade que benefician tanto aos usuarios como aos produtores.


O seu cociñeiro, José Castro Facal, naceu en Aarberg (Berna, Suiza) en 1973 e formouse na escola de hostelería de Lamas de Abade en Compostela. No eido laboral compaxinaba o traballo dun negocio familiar, a sidrería Abril Ares, con traballo para a administración deixando a súa pegada na gardería de Vite, na residencia de maiores Porta do Camiño e na residencia de maiores Volta do Castro en Santiago e tamén no colexio CPI Xanceda en Mesía, onde despois de 4 anos e con moi bos recordos, renunciou ao seu posto de traballo xa que no comedor do López Ferreiro en Santiago quedara libre por xubilación a praza de cociñeiro.

Por estar preto da familia e da ubicación dos seus proxectos persoais, deixou o traballo na administración polo traballo na cociña do López Ferreiro que, aínda sendo un colexio público, a súa xestión esta feita pola asociación de nais e pais coas que comparte a loita pola excelencia e a calidade dos menús e servizos.

A día de hoxe tamén compaxina o traballo no colexio cun negocio familiar, o centro sociocultural privado “A casa do taberneiro”.



SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario