1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Hotel-Restaurante Rías Altas

Hotel-Restaurante Rías Altas

A cociña de Rías Altas é actualidade e orixe. Aliméntase das cociñas de toda a vida, das nais que aprendían ás alancadas a cociña a lume lento, e á vez que alimentaban ás familias, creábase tradición. A nosa mamá é Felisa e para nós representa toda esa cociña tradicional que naceu nas casas e nas cociñas de leña, cociña de autoras, cociña de sempre.


Cultivamos con agarimo a terra e compramos a provedores locais. Cremos no noso produto, o de proximidade e o artesanal. Non entendemos de présas para medrar e tampouco para degustalo.

Leitugas, amorodos ou mesmo patacas son recollidas case no momento en que se van a comer. Deste xeito garantimos produto fresco, san e sen plásticos. Ocupámonos da crianza de porcos e galiñas en liberdade a base dos sobrantes da cociña e do millo cultivado na nosa terra. Como recompensa, regálannos marabillosos manxares e ovos de amarelas xemas.

Gústanos o cheiro a mar, a sal. Adquirimos peixe fresco directamente na lonxa, seleccionando os mellores produtos do día e ofrecendo así unha carta sempre dinámica, e sempre da mellor calidade.


Sentímonos orgullosos de transmitir de onde vén aquilo que nos alimenta. Humanizar unhas “fabas”, un vaso de leite, un toro de bonito ou uns percebes. Porque importa ver que hai detrás de todo iso, os esforzos por poñelos nos nosos pratos e poñerlle cara ás persoas que os traballaron.


Transmitir aos/ás máis pequenas/os o amor polo noso, o respecto ao medio e as tradicións. E a todo isto é ao que chamamos "Cociña de Raíz".


Contacto:
Hotel***Restaurante Rías Altas
Carretera General, 8bis. San Pedro de Benquerencia
CP. 27792, Barreiros. Lugo
Teléfono: +34 982 12 44 96
E-mail: hotelriasaltas@gmail.com 


Esperemos que vos guste e moito ❤
# cocinaderaíz

SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario