1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Pataca fina de Carballo

Pataca fina de Carballo

A Fina de Carballo é unha variedade autóctona de Galicia, polo que obviamente presenta unha perfecta adaptación ao medio. Cultívase fundamentalmente na comarca de Bergantiños, unha das zonas de maior tradición na produción de pataca en Galicia, en particular nas localidades de Carballo e Coristanco, onde un 99 % da produción é da variedade  Kennebec. A pataca fina de Carballo é das últimas en recollerse e por iso chega fresca aos primeiros meses do ano. Nunha terra moi famosa pola produción de patacas, a cantidade de 12.000 km ao ano resulta ser moi pouca, dos cales soamente 2.000 destínanse á venda e a maioría é para autoconsumo.

Fina branca

A variedade Fina de Carballo que se atopa no rexistro de variedades comerciais, é a branca. Logo existe unha pataca chamada "Fina roja" ou "Fina negra" (a xente emprega os dous nomes indistintamente para aquela que ten unha tonalidade morada), que non se sabe con certeza que sexa uha variedade da Fina de Carballo pero que sempre se asociou a esta coñecéndose polo mesmo nome. Esta pataca autóctona desa zona, é moi rara e prántase apartada porque ameaza con  hibridarse. 

 Fina branca e a coñecida como Fina negra ou roja

A súa pel é lisa e fina. Presenta ollos profundos, característica que lle restou valor comercial e por iso o seu cultivo segue sendo bastante limitado. É unha variedade que presenta carne de cor branca e que ten unhas magníficas calidades  organolépticas, sobre todo cando se coce. É lixeiramente fariñenta, de consistencia bastante firme, con desintegración de lixeira a moderada e firme ao tacto. Todo iso fai que sexa ideal para calquera tipo de preparación culinaria, destacando polo seu contido en materia seca e polas súas calidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñadas. O contido en materia seca é superior ao 18 % e o contido en azucres redutores inferior ao 0,4 %. A forma é redondeada. Como é difícil de pelar e con iso perde carne, é unha pataca que se non se adoita vender en favor doutras variedades. Cultívase para auto-produción e utilízase polas avoas e as amas de casa.

A coñecida como Fina roja ou Fina negra

A recuperación da semente da pataca fina de Carballo facilitouse desde fai anos polo Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario Neiker Tecnalia con sede en Vitoria, banco nacional de xermoplasma, que enviou á Xunta de Galicia uns 1.500 quilos de semente. Desde a Oficina Agraria de Xinzo de Limia distribuíuse en varias partes de Galicia entre as cales está Carballo.


O artista galego Yoseba MP fixo o seu peculiar tributo á muller rural carballesa aproveitando un dos produtos estrela da comarca: a pataca, e mais concretamente, a variedade local coñecida como «fina de Carballo", un tipo moi apreciado polo consumidor e orixinario da zona.


Links: 

Arca del Gusto Fundación Slow Food Internacional

La patata “Fina de Carballo” entra en la IXP Patata de Galicia

Dende fai pouco tempo, esta variedade xunto coa "Agria" forman parte da IXP Pataca de Galicia, ademais da Kennebec. A variedade Agria vense cultivando en Galicia dende fai varias décadas, sobre todo na principal comarca produtora, a comarca da Limia.

Produtores asociados a Slow Food: Agropecuaria Nela, Coristanco


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario