1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Restaurante Sanmiguel

Restaurante Sanmiguel

A danza do tradicional e o moderno. O segredo dun restaurante atemporal.

A gastronomía da década dos 70 e 80 pode parecer moitas veces case extinta, ante a alza das novas correntes culinarias, que traballan sistemas modernos e de “comida fusión”. As mesma guías gastronómicas parecen demostralo, cando os principais postos son ocupados por hostaleiros e restaurantes axustados a estas novas correntes.

Pero aínda quedamos moitos amantes da comida tradicional, fogóns e receitas que cumpren séculos de ser usadas e desgustadas por primeira vez. Este estilo gastronómico loita e mantense firme ante estes novos conceptos e mantense vivo no mercado, grazas ao esforzo e o bo manexo de insignes hostaleiros e restauradores.

Un exemplo disto é o que ocorre detrás dos lumes do emblemático restaurante Sanmiguel en Ourense, unha empresa que forma parte do sangue dos ourensáns dende hai máis de 70 anos, polas innumerables vodas e banquetes que moitos do nosos pais ou avós naqueles anos chegaron a gozar. O Sanmiguel foi un referente da gastronomía galega, chegando a recibir unha estrela Michelin preto dos anos 90, e sendo recoñecido coma a casa da boa mariscaría. O seu gran tamaño, con capacidade para máis de 200 persoas, era o sitio predilecto para celebracións matrimoniais, eventos gastronómicos, e grandes encontros familiares.

A historia deste gran restaurante deuse unha longa pausa sobre o ano 2013, debido ao xusto e merecido retiro e xubilación dos seus primeiros e principais xerentes. Aínda así, foi rescatado e reimpulsado novamente grazas a unha nova xerencia, composta por amantes da gastronomía e o bo servizo.

O Sanmiguel renace no 2015, e dende entón leva á vangarda novamente a cociña tradicional ourensá, o marisco fresco de lonxa, e as carnes de Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P). O segredo do seu éxito e boa recepción baséase en manter viva a gastronomía galega, da mans de amantes dos protocolos e os servizos, dándolle un xiro con modernos conceptos de atención ao cliente, servizos de alto coidado ao detalle, onde cada aroma, cada sabor, cada cor e cada forma, foron pensados meticulosamente para crear sensacións atemporais e de outrora, onde a nostalxia polos bos sabores é saciada pola súa insigne gastronomía.

Por suposto que non todo foi fácil. Cada membro desta empresa achegou un gran de area para a construción deste concepto gastronómico, e requiriu tempo para que todas as pezas asentásense no seu lugar. 

Queremos apostar polo produtor local” di Diego González Bóveda, Xerente do actual Sanmiguel. “O éxito do noso concepto non empeza dentro destas portas, senón dende as mans do pescador, do recolector, do produtor, do agricultor e do meticuloso traballador que esperta cada mañá ou se desvela cada noite, para garantirnos un produto de calidade e selo local. Non seríamos o que somos senón fóra por eles.”

A nova aposta desta empresa pola inclusión no convivium de Slow Food Compostela, é de forma paralela a súa forma de “agradecer á terra que nos nutre, e ao traballador local que da mesma forma tamén nutre a terra”, di Christian Andara, novo xefe de comedor do Restaurante Sanmiguel.

Rodrigo Cougil, jefe de cocina y Manuel Ledo, segundo de cocina

Se visitas Ourense, non deixes de visitar este establecemento, que como moitos outros, forma parte da historia de outrora da cidade. A súa adega, a súa cociña, o servizo en sala, e o resto das persoas que alí traballan, farán que calquera día da túa visita, non pareza calquera día.


Contacto:

Restaurante Sanmiguel Gastro-Bar

Web: https://sanmiguelourense.es/

Teléfono: 988 236 006 / 636 727 585

E-mail: info@sanmiguelourense.com || eventos@sanmiguelourense.com

Lugar: Ourense


SHARE

About Leo

0 comentarios :

Publicar un comentario