Chámase Elena e axuda ás pequenas empresas a producir, servir e vender alimentos seguros. O seu traballo é axudalos a previr e minimizar os riscos relacionados coa alimentación nos seus negocios.
Tamén dedica unha parte importante do seu traballo a difundir boas praxes de manipulación de alimentos a través do seu blog, redes sociais e talleres (en liña e presenciais) para os consumidores.
Ela pode axudarche con:
• Os requisitos legais.
• A formación.
• O deseño e implantación dun sistema de autocontrol.
• As auditorías internas do teu negocio.
• Calquera dúbida que poida xurdir sobre calquera cuestión relacionada co Sanidade no teu negocio.
• Control da calidade e seguridade alimentaria na túa empresa, como xestora externa.
Ademais, tamén pode asesorarte sobre as medidas de prevención da COVID-19 que debes aplicar, tanto no teu negocio como na realización de calquera tipo de evento.
Durante a campaña "Come Local", Elena colaborou connosco, asesorándonos sobre estas medidas, en catro eventos gastronómicos presenciais, cumprindo estritamente a normativa de prevención da COVID-19 e aplicando todas as medidas e recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias e a comunidade científica.
Se queres facerlle calquera consulta sobre seguridade alimentaria, podes contactar con ela para ver como pode axudarche.
Contacto:
Elena González
Mail: elena@egseguridadalimentaria.com
Web: egseguridadalimentaria.com
Teléfono: 658 960 135
0 comments :
Publicar un comentario