Avega é unha empresa fundada no 2001 que traballa baixo a forma de cooperativa gandeira. Dende a súas instalacións traballan para ofrecer pensos para outras producións, pero sobre todo para autoconsumo, xa que crían porcos, polos e galiñas para a venda de carnes e ovos. Todo, incluído o penso, baixo a certificación do Craega como produción ecolóxica.
A súa carne porcina, de porcos mezcla de Duroc, proporciona unha carne rosácea, lixeiramente infiltrada, que proporciona unha sabor intensa que a distingue no mercado. De cría extensiva, os ranchos aliméntanse dos pastos en liberdade, pero complementan a súa alimentación con mezclas de cereais para o seu engorde.
Na mesma liña está a súa produción avícola. A carne provén de animais en liberdade, que pacen pola finca e suplementan a súa alimentación con mezclas de cereais. A diferencia dos polos de produción industrial, a sua carne é puramente branca, en gran medida pola ausencia de colorante alimentario que se emprega neste tipo de cría.
O seus ovos volven presentar unha cor amarela, pola ausencia de nada máis que non sexa grans de millo, libres de transxénicos, e sen rastro posible de medicamentos, xa que neste tipo de producións están prohibidos dende a propia lexislación europea.
Por últimos, os seus pensos están elaborados en base a cereais ecolóxicos sen nada máis que non sexa, soia, millo, cebada e trigo libres de transxénicos e pesticidas.
“A idea é facelo ben porque o queremos facer ben”. Así de simple nos definen a filosofía da empresa.
O seu mercado non é o consumidor final senón as canles intermedias: carnicerías, distribuidores, canle HORECA ou comedores de colectividades.
Contacto:
Oficinas Centrais e Matadoiro de Polo
Polígono Industrial Monte Merlin, Parcela nº 8
36520 · Agolada · Pontevedra
Tel. 986 79 02 38 e 653230648
E-mail: avega@ecoavega.com
Web: https://www.ecoavega.com/
0 comments :
Publicar un comentario