Son unha pequena empresa familiar afincada no interior de Galicia, a terra da boa gastronomía por excelencia, máis concretamente no municipio de San Cristóbal de Cea. Aí levan case trinta anos ofrecendo os mellores produtos de zona acompañados do seu dedicado traballo artesanal, fórmula que os catapultou a ser os referentes no seu sector dentro do ámbito local. Gran parte do seu éxito baséase en manter os principios e costumes cos que se rexían cando comezaron. Apostan polos provedores locais, por unha alimentación natural e o desenvolvemento dunha economía sostible. A máis diso, poñen sempre todo o seu empeño en ofrecer ao cliente o trato e atención que se merece.
Son conscientes do moito que cambiou a sociedade nos últimos tempos, e máis aínda, en todo o referente ás compras on-line. Do que non teñen dúbidas, é de que a tecnoloxía non debería deixar de lado o trato interpersoal. Queren que te sintas como na túa carnicería de toda a vida, e por iso ofrécenche todos os medios para que poidas comunicarte con ele para preguntarlles dúbidas, facer algunha suxerencia ou simplemente valorar o seu traballo.
Contacto:
Manolo's GourMeat, Cea
Teléfono: 988 282 154
Pedidos por Whatsapp: 640 06 14 06
Facebook: https://www.facebook.com/manologourmeat/
Instagram: https://www.instagram.com/manolosgourmeat/
Páxina web: manologourmeat.com
0 comments :
Publicar un comentario