Chámase Natalia e é a creadora deste proxecto. Todo comezou nunha finca de Negreiroa en 📍 Negreira (A Coruña), chamada Finca Norte. Despois de moitos traballos iniciais, segue esforzándose día a día para obter os mellores resultados.
A súa intención é a de ofrecer os mellores produtos que nos dá a terra, coa fin de que estes se vendan na súa cercanía, empregando un método de cultivo sostible, respectando todos os ciclos de vida, tanto das plantas, como dos animais asociados ao crecemento dos seus produtos.
Está aberta a todo e gústalle probar variedades diferentes de cultivo para investigar pero tamén ofrecen toda gama básica da horta como son os tomates, leitugas, pementos, kale, coles de Bruselas e moito máis…
Vive e traballa para o campo: "non sabería vivir nin traballar en algo que non estivera relacionado co contacto coa terra. Esta maneira de vivir é o meu estilo de vida e xa o refrán o di… elixe un traballo que che guste e non terás que traballar ningún día máis”.
0 comments :
Publicar un comentario