1500 convivium
en todo o mundo
Home » » A Horta de Ana

A Horta de Ana

Ana comezou coa súa actividade pola conciencia ambiental e porque é un traballo co que podes conciliar sinxelamente a vida coa familia.

Forma parte do mercado de produtos locais Labrega Natura, que reúne produtoras con criterios agroecolóxicos todas a semanas na cidade de A Coruña. Son máis de 20 familias labregas e pequenos produtores artesanais de concellos próximos á Coruña.

A Horta de Ana ten 0,3 hectáreas en total, con 800 m2 de invernadoiros. Vende o produto a tendas de Carral e de A Coruña, e tamén unha pequena porcentaxe no Mercado de San Agustín, na Coruña.

Produtos da súa horta: acelga, apio, berenxena, berzas, bimi, brócoli, cabaciña, cabaza, cebola, ceboleta, col, col lombarda, col rizada, coles de Bruselas, coliflor, escarola, espinacas, amorodos, grelos, chícharos, xudias, leituga, nabizas, pepino, pemento, allo porro, rabanitos, remolacha, repolo, tirabeques, tomate e cenoria. Todos eles certificados en ecolóxico polo Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).


Entre os seus clientes está o CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, aproximadamente a 10 minutos da horta. Este "Comedor Escolar Km 0" recibe hortalizas ecolóxicas frescas de Ana mínimo dúas veces por semana e incluso Adrián vai ás veces a ver o produto en persoa. Entre os dous organízanse para que o abastecemento sea o máis beneficioso para as dúas partes. Nas imaxes vemos a Ana con Adrián Viñas, responsable de cociña do centro.

DATOS DE CONTACTO

 Ana María Rodríguez Lado

 Enderezo: Reboredo,18 Carral 15115 A Coruña

 Teléfonos: 981670966 / 646490381

E-mail: anitalado@yahoo.es


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario