Mundo Galego é unha tenda de produtos gourmet locais e de proximidade, situada en pleno centro da Coruña. Foi no ano 2014, cando Miguel Viña animouse á apertura deste local co obxectivo de potenciar a economía da cidade e apoiar aos pequenos produtores de Galicia.
Seguindo coa tradición vinícola milenaria, Miguel comezou a interesarse polos viños galegos que recuperan e potencian as uvas autóctonas. Grazas as visitas a bodegas e feiras, conseguiu opter unha amplia oferta de viños seleccionados e representativos de todas as denominacións de orixe galegas. Pensando na maridaxe perfecta, introduciu ademais, queixos, embutidos, conservas, doces, destilados e ata licores de marca propia.
Pouco a pouco, foise facendo un oco na vida comercial do barrio, onde recibe sobre todo clientes locais, pero tamén turistas nacionais e internacionais. E grazas a demanda dos visitantes, foi descubrindo e introducindo novos produtos para todos os gustos.
Ao longo destes nove anos, Mundo Galego foi testemuña da auxe e crecemento dos produtos galegos que conservan as tradicións culinarias, garantizan a calidade e innovan cun diseño orixinal, adaptándose as novas tendencias do mercado. Xa son moitos os produtos galegos que se atopan nesta tenda como por exemplo, o xamón curado gran reserva de Jamones González e o queixo Néboa de Gandería Quintián, ambos os dous socios de Slow Food Compostela.
Na actualidade, Mundo Galego ampliou as súas fronteiras ofrecendo o produto galego a través da súa páxina web. Tamén converteuse en distribuidora dunha selección de artigos da tenda, a nivel nacional. Xa son moitos os clientes que acuden a este local buscando produtos de calidade para disfrute persoal, para facer un agasallo ou para levarse un recordo da súa viaxe pola cidade herculina. Inclusive, unha vez ao mes pódese disfrutar dunha noite catando e aprendendo sobre os viños da terra, acompañados dunha maridaxe de queixos, conservas, embutidos ou doces.
Contacto:
Plz/ Galera Nº40; CP 15003, A Coruña
☏ 981 912 038 ✉ mundogalego@mundogalego.com
Web: mundogalego.com
0 comments :
Publicar un comentario