Rogelio Santos Queiruga

Este profesional do mar de Queiruga (Porto do Son) nado no 1977, fala sobre as mellores especies das augas galegas para consumir en cada época do ano, de exemplares foráneos ou pouco habituais que poden chegar aos aparellos e, ao mesmo tempo, realiza un labor de sensibilización sobre a necesidade de coidar o medio ambiente. Rogelio Santos pon en valor o mar e, ademais, colabora con grupos de investigación.


Aos seus catorce anos, Rogelio deixou os estudos e comezou a axudar á súa nai en casa. Aínda que o seu interese polo traballo físico e manual levoulle a iniciarse na agricultura e a vida de labrador, a forte atracción mariña da familia puido con el e con 18 anos conseguiu o certificado necesario para botarse á mar xunto ao seu irmán, Juan Carlos: “En Queiruga existía un pequeno porto natural, chamado Nadelas, onde toda a xente do pobo iba ao mar. Os meus avós, o meu pai, os meus tíos, os meus veciños… eu crecín entre redes e peixes”, conta Rogelio con orgullo.


Xa desde esa idade, a mentalidade autoconsciente de coidar e respectar o mar era a prioridade número un para Rogelio: “A forma de ser e de pensar que comparto hoxe en redes é froito do que eu vivía na miña contorna. Fun educado sempre con conciencia sobre respectar e coidar o mar”, lembra. Xa con 25 anos conseguiu o título de patrón de pesca, que comparte co seu irmán ata hoxe.


Aínda que os coñecementos informáticos de Rogelio naquel entón eran limitados, comezou a escribir sobre diversos temas no seu perfil persoal de Facebook. Con todo, Rogelio comezou a darse conta de que as súas mensaxes sobre o mar e o oficio de mariñeiro eran os que máis expectación e respostas causaban. Por iso decidiu crear unha páxina específica sobre cuestións relacionadas co mar: O labrador que escribe dende ou mar.

As súas reflexións e as súas accións, acompañadas de fotografías e vídeos, foron xerando un gran número de seguidores, e saltou ás outras redes sociais. Actualmente conta con máis de 24.000 seguidores en Facebook, 14.000 en Twitter e 16.000 en Instagram, que se di pronto.

Peixes e marisco que se poden capturar no verán en augas de Galicia, por Slow Food Compostela e Rogelio


Poderás atopar os produtos capturados pola MILENA, a embarcación onde traballa Rogelio, nos seguintes lugares:

  • Tamén fan venda directa na Lonxa de Porto do Son a través de Salitre, tenda online de pescado e marisco fresco para toda España.
  • A ameixa e o berberecho véndeno na Lonxa de Testal (Noia). 

É frecuente que na Praza de Abastos de Santiago, na de Boiro, na de Porto do Son ou na de Ribeira, se poida atopar peixe e marisco capturado por Rogelio.


Contacto:
Rogelio Santos Queiruga

Ningún comentario:

Publicar un comentario