Galuriña

Galuriña nace en Esteiro, concello de Muros. As claves tíñaas claras. Carmen pechou unha etapa empresarial despois de 18 anos e quería comezar outra diferente dende cero e sin saír da súa contorna. A que se ía dedicar??  E obviamente tiña que ser algo que lle permitise conciliar co coidado das súas fillas. "Teño que crear o meu futuro" (pensaba ela).

As claves eran: Galicia; produto recoñecido internacionalmente; darlle valor engadido e de carácter innovador (para novos tempos, novos gustos, novos padais).

Un día escoitou falar de algas e de todo os seu poder nutricional e marabillouse. A primeira oportunidade que tivo e despois de moito rebuscar, foi nunhas charlas en CETMAR onde Manuel Lou falaba de algas. Cando saiu do recinto, tal motivación que casi non cabían en si. Foi a primeira semente que lle fixo querer aprender e emprender con este produto tan noso: as algas.

No ano 2012 comezou un proxecto de conservas que, a causa de temas burocráticos e temas de licenzas, non puido avanzar coa actividade. Foi no ano 2014 cando, por fin!! Foi una labor ardua porque aprendeu de cero e, grazas a aprendizaxe foi moldeándose e dando forma ao proxecto. Foron máis de 10 anos onde houbo moitos erros e moitos acertos pero, sen dúbida, toda esta loita mereceu a pena.

As algas tamén as recolecta na ría de Muros-Noia, onde aproveita a marea baixa para levar a cabo esta tarefa, todo feito a man e coidando de cortalas debidamente para que sigan co seu desenvolvemento. Despois de ser transportadas ao obrador, son lavadas, metidas en parrillas e por último, dereitas á deshidratadora para moelas nun muíño, metelas en bolsas e por último, envasalas.

Carmen Sánchez apañando algas na ría de Muros. Fonte: boísimo.gciencia

As algas fermentan as masas de maneiras diferentes, como se se lles botara levadura (collen vida). Hai que ter especial coidado para mantelas sempre na textura que se desexa obter. Traballa con 4 tipos de algas (himanthalia, wakame, ulva e nori) pero é a nori a que vai xa na masa, e todas contan coa certificación do Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

Os productos que elabora Carmen, son altamente dixestivos debido ao tipo de fermentación que levan. Non emprega graxas animais, polo tanto, pode dicir que as masas son veganas. Só traballa con aceites virxe extra. 


PRODUTOS:

1. Empanadas. Comercialízanse en 3 tamaños e 7 sabores: mexillón, polbo, atún, xarda, bacallau, vegana (4 algas) e vegana (algas+setas). Nas vexetais emprega algas e cogomelos, unha mestura da horta do mar e da terra. Os formatos segundo peso son: maruca formato de peixe e maruquiña, que ten forma de vieira de Santiago. “O formato de pez foi por dar un pouco de vida ás empanadas”. Unha das fariñas que usa está moída en muíño de pedra. “É moi importante as fariñas que se empregan. As miñas masas levan aceite de oliva e fariña de calidade”.

2. Pizzas. Comercialízanse en 4 sabores: xamón cocido, xamón serrano, catro queixos e catro algas con crema de queixo. E tamén ten a opción base para rechear ao gusto de cada un.


3. Pan. Elaborado con extractos de algas, diferénciase polos seus nutrientes, sabor e textura, propiedade esta última que axuda a un mellor toste. Os bolos son especiais para hamburguesa e o pan de molde é ideal para tostadas, sandwiches e bocadillos.

As algas fan un efecto redutor de azucre en sangue, puidendo comprobar cos seus clientes e, tamén en aquelas persoas con algunha intolerancia gastrointestinal, como non teñen ningún tipo de problema con coas súas elaboracións.

Traballa sempre que pode con provedores galegos e fai pequenas colaboracións cando xorde a oportunidade.


Contacto:
Galuriña, empanadas e pizzas ecolóxicas de algas
C/ Insuela 17, Esteiro Muros C.P. 15240 (A Coruña)
☏ 649 492 515 | ✉ info@galurina.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario