Galicia Etiqueta Calidade

O Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, foi o lugar escollido pola Xunta para a celebración do segundo encontro ‘Galicia Etiqueta Calidade’. Tras a primeira edición celebrada en Sergude, este encontro coas producións galegas con selo certificado chegou neste 2022 á capital de Galicia cun programa de actividades que inclueu showcookings, presentacións, exposición de produtos… Todo iso, en horario de mañá e tarde do 26 ao 28 de outubro.

No marco deste evento presentouse a nova campaña de promoción de Tenreira Galega Suprema e houbo unha zona expositiva coa participación de diversas empresas que contan co selo de Artesanía Alimentaria, entre outras. Ademais, houbo diversas mesas redondas que, entre outros aspectos, trataron os retos e oportunidades da distribución e a hostalería e compartíronse diferentes iniciativas no sector dos comedores e colectividades.

Foi aquí donde Slow Food Compostela organizou e moderou unha mesa co título “Xantares colectivos responsables e de calidade” con protagonistas da "Come Local", campaña que organiza conxuntamente coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). 

O faladoiro estivo moderado por Rocío García, a nosa secretaria, e nel participaron: Livia Barreiro, responsable de comedor do CEIP Palas de Rei, recentemente distinguido como Km 0; Juan C. Ferreras, director do CFEA de Sergude, tamén comedor Km 0; Juan José López Peña, director da residencia de maiores de Campolongo; Sofía Godoy de Aboamigalla; Marta Álvarez de Sen Máis; Miguel Fernández, técnico de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que falou do proxecto Ecocomedores; e David Santomil, concelleiro de Educación do concello de Ames que falou sobre a súa Rede municipal de comedores escolares.

Links: https://www.concellodeames.gal/es/noticias/o-concello-de-ames-participa-na-ii-mostra-de-galicia-etiqueta-calidade-da-xunta-de-galicia

https://laalacenaroja.com/vuelve-galicia-etiqueta-calidade-esta-vez-en-compostela/

Ningún comentario:

Publicar un comentario