Orixes Galegas

Orixes Galegas nace en Santiago de Compostela por iniciativa de dous produtores de raza autóctona galega, coa intención de achegar á restauración e ás carnicerías produtos cárnicos elaborados e cortes frescos selectos, co obxectivo de facilitarlles a continuidad de produto ante a demanda que suscitan este tipo de elaborados.


Cunha ampla experiencia  na crianza e elaboración de productos cárnicos por ambos os dous xerentes, actualmente están á fronte de dúas marcas galegas recoñecidas de Porco Celta: Cmf Celtaporc e Celtagal. Apostan polas canles curtas de comercialización, é dicir, a distribución directa dos seus produtos.

Nando de Cmf Celtaporc e Nando de Celtagal forman Orixes Galegas

Nando de Celtagal nun showcooking de Orixes Galegas na Festa da Filloa de Lestedo

A Carnicería Obradoiro Artesanal Orixes Galegas, nace para facer a venda directa dos seus produtos cárnicos procedentes de razas autóctonas galegas que eles mesmos crían como a Cachena, Rubia Galega e, maioritariamente, o Porco Celta, sendo este último no que máis bagaxe profesional teñen.


Decidiron facer unha aposta en firme por producir e vender carne de calidade ao consumidor, á hostalería e á tenda especializada, e satisfacer deste xeito o consumo de proximidade elaborando productos naturais sen conservantes, de forma artesanal como por exemplo o atado á man dos seus chourizos, ou o secado lento con fume de carballo como se facía antaño, por ser este un conservante natural  ademais de aportarlle un aroma especial. 

A base operativa e loxística de Orixes Galegas esta en Santiago de Compostela

Ademais dos cortes selectos de carnicería como o secreto, solomillo, entrecot, chuletón, croca, picaña, etc... tamén contan cunha ampla variedade de elaborados como albóndegas, cachopos, carne en rolo, brochetas e pincho moruno, hamburguesas, zorza, carnes picadas aderezadas, criollos, lasañas, canelóns... todos eles elaborados a diario e que reparten aos seus clientes por toda a xeografía galega.

Ademais da carnicería, contan con servizo de foodtruck a cal xestionan varios artesáns produtores de carne, horta e xeado. Todos eles comparten as mesmas paixóns e inquedanzas polo seu traballo, o que lles permite levar os seus produtos e darlles visibilidade en eventos como feiras e festivais.

Contacto:


Santiago de Compostela

☏  659 760 619 | ✉ orixesgalegas@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario